25.5.24

XII XUNTANZA EN SAMOS DE EXALUMNOS DO MOSTEIRO



                                     Cartel confeccionado cunha acuarela de Segundo Hevia Torres

Estimado compañeiro:

Aquí estamos de novo para convocarte para a XII Xuntanza en Samos. Será o sábado, 15 de xuño de 2024. Coincide esta reunión con menos de tres meses de distancia do falecemento do aprezado compañeiro Ricardo Lito Martínez Barros. Con tal motivo teremos na xornada da Xuntanza un acto de memoria e honra para Ricardo e para os demais compañeiros exsamonenses falecidos no período de celebración das Xuntanzas (1995-2024). Estes compañeiros son Pepín Pablos González, José Luís Castro, José Luís López Armesto (Paradela), Aurelio Bolaño, Constantino Castro, Rudesindo Rivero, P. Bautista Vázquez e Ricardo Martínez Barros. Tamén teremos presentes neste acto os monxes e outros compañeiros desaparecidos.

Para esta Xuntanza temos invitada á alcaldesa de Samos, María Jesús López, quen nos recibirá no concello e nos amosará as dependencias municipais e a nova praza de Fiz Vergara Vilariño.Tamén participará connosco nos actos da mañá, facilitándonos o uso dun salón no concello para facer a proxección de fotografías de memoria e homenaxe.

O Programa de Actos vai especificado nunha das fotografías que acompañan este texto. Aínda así, especificamos algúns detalles do restaurante e dos gastos.

O almorzo e o xantar de confraternidade serán, coma sempre, no restaurante A Veiga.

O recibimento de asistentes será no restaurante A Veiga entre as 10:00 h e as 10:30.

Ás 10:30 faremos  o almorzo de autoservizo en bufet, que inclúe café, leite, chocolate, embutidos, queixo, marmeladas, biscoitos, galletas, zume de laranxa natural, etc                              Prezo: 7€

O xantar será ás 14:30, co seguinte menú:

Entrantes para compartir:

- Chipiróns - Croquetas mixtas  - Setas con crema de queixo, gambas e xamón

- Xarrete de Tenreira Galega Suprema guisado con champiñóns

- Bebida (Vino mencía Guímaro ou similar, agua, refrescos...)

- Pan, postre e café........                                                            Prezo: 36€

Tamén compartiremos algún gasto máis:  9 rosas (18€), que dedicaremos na ofrenda floral aos falecidos. 

Moito nos gustaría volver a verte en Samos nesta XII Xuntanza para reunirnos en irmandade e alimentar o espírito cos mellores sentimentos da nosa infancia e xuventude naquel mosteiro.

Pregamos que comuniques a túa asistencia á Xuntanza ates das 23:00 h do día 11 de xuño. Podes facelo por whatsapp  ou por chamada telefónica ao número 616581025.

Namentres, unha aperta dos organizadores.

P. S. A convocatoria desde este blog é universal para os exalumnos do mosteiro (período 1958-1969). Omitimos o envío por mensaxe de móbil naqueles casos de compañeiros que levan tres convocatorias sen asistir, nin dar sinais de querer facelo. Se alguén destes desexase asistir, que o comunique por algunha das canles arriba expresadas.

 

 





No hay comentarios: