Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEOS. Mostrar todas las entradas

22.2.19

AS COVAS DO COUREL - COVA DE SANTALLA





A parroquia de Lóuzara pertence administrativamente ao concello de Samos, pero as súas características xeolóxicas, orográficas e a súa flora, rica e diversa, adscríbena ao Courel.
Para os que fomos alumnos no mosteiro de Samos, Lóuzara significa aquel lugar distante que nos sorprendeu coa marabilla da Cova Grande de Santalla. Alí fomos camiñando nun longo percorrido que supoñía acceder ás alturas de Airapadrón e descender ás ribeiras do Lóuzara e despois realizar a viaxe á inversa. A comida campestre era portada por unha furgoneta do mosteiro. Soía realizarse nun campo a carón da cova e xa na sobremesa emprendíase o retorno para chegar ao mosteiro completando un periplo próximo á trintena de quilómetros.
No vídeo que hoxe acompañamos, a partir do minuto 4:10 podemos voltar á Cova Grande de Santalla.

28.8.14

FERMOSAS IMAXES DO MOSTEIRO DE SAMOS

A abadía de Samos e os empresarios da vila buscaron promocionar Samos e o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello editando un fermoso vídeo no que se empregaron drons en boa parte da súa filmación. As imaxes por inéditas e polas novas perspectivas contribúen a realzar a monumentalidade do histórico mosteiro. A paisaxe que o circunda loce espectacular.

15.1.13

O MOSTEIRO DE SAMOS NO NODO

Navegar por Internet, ás veces dá algunha sorpresa. Pescudar na Rede contidos de interese é tarefa sempre atraente. Froito desa tarefa de busca de imaxes históricas do noso benquerido Mosteiro, son estes dous vídeos de 1951 e 1960 encontrados na web de TVE (NODO), que recollen eses momentos tan definitorios na historia recente de Samos: o incendio orixinado na licorería (24 de setembro de 1951) e a posterior inauguración (1960) do edificio novamente restaurado. O abade P. Mauro Gómez Pereira, o P. Victoriano González, o P. Angel, o P. Antonino Merino son algúns dos monxes recoñecibles nestes breves documentais. Son dous documentos gráficos de indubidable valor histórico e que saberemos aprezar coma ninguén os que un día habitamos e vivimos a experiencia benedictina en Samos.
NOTAS: Para ver os vídeos pincha sobre as letriñas laranxas que hai debaixo de cada unha das imaxes.
O vídeo de 1951 non ten sonido por estar moi deteriorado na copia que queda no NODO.

10.11.12

O MOSTEIRO DE SAMOS

                       

A memoria precisa alimento cada pouco. As imaxes axúdannos a recrear o noso paso imborrable polo mosteiro. Esperamos que este vídeo de Macoscas sexa do agrado de todos.

14.1.10

SAMOS EN EL CAMINO DE SANTIAGO


Además de difundir el enorme interés cultural de la Ruta Jacobea, este vídeo queda justificado en esta página porque el Monasterio de Samos es y ha sido uno de los principales hitos del Camino en Galicia. Varias escenas de este reportaje recogen imágenes del monasterio, que seguramente serán de vuestro agrado.

13.12.09

RORATE CAELI DESUPER





Para los nostálgicos del gregoriano he recogido este vídeo con un himno de Adviento bien conocido para nosotros. Espero refrescaros la memoria con él.

21.11.09

MONASTERIO DE SAMOS


Vídeo de Ricardo Diéguez González.

14.11.09

VÍDEO DEL MONASTERIO DE SAMOS

En "Galicia para el Mundo" he conseguido este vídeo que versa sobre nuestro entrañable Monasterio de Samos. Pincha AQUÍ para verlo.

21.10.09

Vídeo de Ricardo Diéguez González

Os mando un avance, de una serie de vídeos, que estoy elaborando.
Espero que sean de vuestro agrado.
http://picasaweb.google.es/allebierzo/VideoEXSAMONENSES1Parte?authkey=Gv1sRgCIDY5LGvzZbb1wE#

Non fumum es fulgure, sed si fumo, dare lucem

9.7.09

VIDEOS VI XUNTANZA

Mando estos videos que se me habían quedado en la tarjeta de la cámara.
http://picasaweb.google.com/allebierzo/VideosExportados?authkey=Gv1sRgCLbi-tne87HUpAE#

Non fumum es fulgure, sed si fumo, dare lucem

Ricardo Diéguez González

14.4.09

VÍDEOS DE SAMOS

En Galicia para el Mudo encontrei algúns vídeos sobre Samos. Sempre de interese. Podes ver AQUÍ o primeiro.