Mostrando entradas con la etiqueta ÁLBUM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÁLBUM. Mostrar todas las entradas

1.7.09

UNHA FOTO NO CARBALLAL

Desde Madrid, Fidel Torreiro envíame esta imaxe do ano 1968. Foi tomada na subida ao monte Carballal, á beira do reemisor de televisión.
Teño a sensación de que con cada imaxe que rescatamos dos arquivos particulares, estamos a reconstruír e rememorar aqueles anos tan especiais que forman parte da nosa historia máis íntima.

12.6.09

ÁLBUM DE RICARDO DIÉGUEZ

Con esta entrada acompaño o ÁLBUM que me envía Ricardo Diéguez González desde Ponferrada. Contén moitas imaxes pero posúe ademais o interese de contar con dous vídeos gravados na igrexa. O primeiro recolle o noso coro de voces improvisadas entoando "Andarei na presenza do Señor". No segundo recréase na peza de órgano con que nos agasallou o compañeiro Gerardo Vega del Riego no remate da misa.
Este álbum de Ricardo recolle tamén fotos da visita a Lóuzara e as súas igrexas de San Cristovo e San Xoán así como do Priorato. Que mágoa de chuvia nun día tan especial e nunha paraxe tan fermosa!
Arriba, na foto aparecen os compañeiros máis madrugadores ollando a pequena exposición de materiais da etapa escolar en Samos. Paulatinamente fóronse incorporando os demais.
Gracias, Ricardo. Un abrazo muy fuerte.

11.6.09

FACHADA DA IGREXA DO MOSTEIRO DE SAMOS

Hai menos dun ano a fachada da igrexa cobrou novo esplendor despois das obras de restauración e impermeabilización que executou a Consellería de Cultura.
O día da Xuntanza observei a conveniencia de pavimentar con perpiaño granítico o camiño da dereita (na foto) en consonancia co da esquerda. Ganaríase en prestancia, limpeza e non empozaría nel a auga.
Déixovos o ÁLBUM de fotos de Celso Penedo.

23.5.09

LA II XUNTANZA EN EL RECUERDO

El 30 de abril de 1997 nos reuníamos por segunda vez en el Monasterio de Samos. Asistimos 45 ex-compañeros, los que aparecemos en la foto junto a los Padres Pedro, Ángel, Martín, Agustín y Victoriano. La estatua de Feijoo nos servía de telón de fondo como en tantas otras ocasiones.
A las puertas está la VI Xuntanza, para el próximo 6 de junio. Enviamos recado para que os apunteis antes del día 31 de mayo. Será otra oportunidad para ahondar en la amistad y en la añoranza positiva de aquella etapa escolar vivida en la estricta observancia benedictina.

24.4.09

SAN CLODIO DO RIBEIRO

San Clodio garda para moitos de nós entrañables lembranzas. A promoción de 1958 iniciara aquí a súa etapa de colexiais. Moitos dos demais vendimaron neste lugar, cerne da viticultura do Ribeiro. Foron os monxes de San Clodio os que introuciron nesta bisbarra o cultivo da vide.



Na actualidade, convertido en hotel monumento loce un estado impecable que nada ten que ver co edificio que nós lembramos de antano.



23.4.09

PHOTOS POUR LE BLOG DE SAMOS

Hasta pronto, un abrazo muy fuerte!!!
Camilo.
camiloxestosa@hotmail.com

8.4.09

FOTOGRAFÍAS COMUNIDAD Y ALUMNOS

Un saludo a todos los exsamonenses y comunidad:
Os mando estas fotos, que todavía conservo, almacenadas en una carpeta.( soy el de la derecha de Manuel Regal Ledo, en la de blanco y negro )
Me imagino que para algunos serán nostálgicas.
Estoy elabarando otro video más completo que el que he colgado en YouTube, en éste voy a incluir imágenes de la 1ª y 2ª Xuntanza.
Espero enviarlo en breve.
Un abrazo para todos, y sabed que os llevo siempre en mi corazón.

Ricardo Diéguez González ( Ponferrada ).

24.3.09

O DORMITORIO

Non me parece mala idea ir confeccionando un álbum daqueles lugares que conformaron o noso espazo vital máis íntimo en Samos. O dormitorio era un deses lugares. Creo lembrar a inscrición con que figuraba na porta que dá á sala de xogos: CUBICULUM. Era unha maneira de ir aprendendo latín.
Dezanove camas a cada lado do muro-armario e a cela do rector ao fondo cunha lámpada de luz verde, cal faro na noite procelosa dos soños presidindo o dormitorio. O armario dos hábitos, o corredor dos baños, os nacementos que poñiamos polo Nadal, a música do tocadiscos nos festivos... Lembranzas...

16.3.09

SCHOLA CLAUSTRALIS (SALA DE XOGOS)


A sala de xogos era a antesala do colexio. De alí accedíase ás aulas, ao dormitorio e aos baños. Era un espazo amplo, aberto á luz do suroeste que franqueaba as enormes cristaleiras que miran á estatua de Feijoo no claustro grande e ao Carballal, muralla natural que couta e limita no espazo os horizontes.
Unha mesa de pimpón, un billar e un futbolín eran suficientes para desatar a algarabía mesurada dos escolantes.
As fotos corresponden ao ano académico 1966-67.

4.3.09

ALUMNOS DA PROMOCIÓN DE 1960

Nun descanso do partido de fútbol , cando se xogaba na estrada, a carón da igrexa.
Os números e as identidades dos fotografados correspóndense cos que figuran na relación que hai na marxe deste blog.
En un descanso del partido de fútbol, cuando se jugaba en la carretera, al lado de la iglesia.
Los números u las identidades de los fotografiados se corresponden con los que figuran en la relación que hay en el margen de este blog.