Mostrando entradas con la etiqueta OBITUARIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBITUARIO. Mostrar todas las entradas

25.6.24

RICARDO LITO MARTÍNEZ BARROS: MEMORIA AGRADECIDA

Posiblemente quen isto lea teña oído falar da actividade en vida de Ricardo Lito Martínez Barros, e da súa recente e inesperada morte (1950-2023). Era un prestixioso avogado, que defendera e ganara preitos con trascendencia mesmo nacional.

Ricardo nacera en Éntoma, Barco de Valdeorras. Con 10 anos no 1960 pisou por primeira vez os claustros do mosteiro de Samos, en Lugo, incorporándose a un grupo de alumnos que estreaban o mosteiro inaugurado había pouco, despois do devastador incendio do ano 1951. O colexio, chamado daquela “postulantado”, tiña por finalidade si, dar formación a rapaces de familias que o demandasen, pero tamén, e igual sobre todo, conseguir que parte deles polo menos tivesen un contacto coa vida monástica e puidesen co tempo incorporarse á comunidade como monxes. Unha forma de recabar vocacións bastante habitual entre frades e monxes naqueles anos de escaseza de posibilidades para estudar; co tempo, sobre todo despois dos novos aires do Concilio Vaticano II (1962-1965), tal sistema revelouse como de todo improcedente: os rapaces axiña puideron acceder a estudos en centros públicos gratuítos, e, para ser monxe, outros eran xa os tempos e procesos.

Quen isto escribe formou parte do curso de Ricardo. Non sei se coma el, pero para min vir a Samos foi a única maneira posible de acceder a estudos que sobrepasasen os anos da escola de aldea á que asistía. Con 13-14 anos habería que se ir incorporando ao mundo laboral.

Coñecín a Ricardo e compartín con el entre 5 e 6 anos de estancia no mosteiro. A vida dun escolar “postulante”, tiña a esixencia e mesmo a dureza de quen pensase en ser monxe. Misa diaria, horas de estudo, recreos controlados, paseos grupais, rosario diario, participar na Misa e Vísperas da comunidade os domingos e festivos, estrito silencio nocturno, traballos no campo,... e tamén, claro, horas e horas de estudo en silencio e de clases dadas polos mesmos monxes. Non eran estudos cualificados; o profesorado non tiña titulacións; atendíanse con máis seriedade asignaturas que tivesen que ver coa vocación clerical.

Pero para moitos de nós aquilo era gloria, a posibilidade de ter libros nas mans e poder abrirse ao estudo, á cultura, e cun prezos verdadeiramente baixos. Mil pesetas ao ano para cubrir estancia, alimentación, estudo...

Persoalmente teño que recoñecer que para min aquilo, con todo, era gloria. E penso que a maioría dos meus compañeiros tiñan unha vivencia similar. Non recordo que ninguén se queixase do estilo de vida no seu conxunto, aínda que algún prato de comida nos gustase máis ca outro, e preferísemos xogar a ter que ir recoller a herba seca.

Aínda que enclaustrados no mosteiro coido que eramos ben considerados polos habitantes do pobo e do concello de Samos, para os que eramos unha garantía de vida para aquel cenobio, que, á súa vez, era tamén garantía de vida, en parte polo menos, para o conxunto da veciñanza. Iamos coñecendo a xente, e a xente íanos coñecendo a nós. Dalgunha maneira había certa familiaridade, facilitada polos nosos superiores, algúns dos cales coma o P. Fructuoso, o P. Domingo tiñan nome e popularidade no pobo. E, por suposto, a figura eminente do Abade Mauro Gómez Pereira, natural do lugar, que se empeñara con ousadía na reconstrución do mosteiro, aínda que fose deixando algo de lado o coidado espiritual da comunidade que rexía, cousa que deixaba máis nas mans do Prior, o P. Victoriano.

Pero volvamos a Ricardo. Tivemos bastante trato entre nós; por circunstancias coincidimos en lugares e tarefas. Nos estudos era listo para os seus 10 anos. En ocasións disputabámonos o posto de rei na rengue de compañeiros que ían do rei á cola, naquel sistema de ensinanza máis ben competitivo, que fundía ao débil e encumbraba ao máis sabido. O sistema educativo era o que era. Non en todas as clases pasaba o mesmo.

Chamábame a atención Ricardo, aparte de pola súa intelixencia, pola súa piedade; había certa competencia entre nós por ver quen era o máis devoto (!). Tiña unha afección intensa a facer debuxos en miniatura que me chamaban moito a atención pola finura, polo detalle. Non sei que na súa vida cultivase despois esta afección. E tiña unha mente aberta ao grande, ao maxestoso, como cando de golpe che dicía que se imaxinaba que o monte do Carballal, que rodeaba o mosteiro polo sur e o leste era o asento dunha impresionante orquestra que el dirixía desde os lousados do mosteiro.

Era bo compañeiro. Tiña bo oído musical. El tiña unha voz alta, eu baixa. Pero, co paso do tempo e co exercicio continuado, os dous eramos os que acompañabamos ao P. Maximino, mestre de Coro, para facer como de solistas ou para entoar un himno, unha antífona, o ton dunha salmodia, que sempre, claro, era en gregoriano.

E os dous fomos tamén os escollidos polo mesmo P. Maximino, agora mestre tamén en encadernación manual, para nos adentrar na arte de ir recompoñendo libros e de os ir curando do deterioro dos anos ou da falta de coidado.

O P. Maximino era un pozo de coñecementos sobre o mosteiro. Grazas a el eu funme decatando de que máis alá do pequeno mundo aldeán de onde procedía había un mundo en Galicia preñe de vida, de historia, de cultura, de arte, de significado relixioso. Vivir no mosteiro, contemplar a diario os claustros, a fonte das Nereidas, a sancristía, a igrexa monástica, do románico ao neoclásico, visualizar coma quen non quere cousa os retablos e as tallas de santos ou as figuras maxestosas de reis galegos do medievo, ver que todo iso se remitía a un movemento monástico nacido en Montecasino, Italia, permitíronme verme a min mesmo e a Galicia, a Terra da que formaba parte, como un fito histórico significativo, que me enchía de pasmo e de emoción. Cousa que se multiplicou por mil cando se me pidiu colaborar no 1973 na edición do libro “Galicia”, sobre o románico galego, que formaba parte da colección “La España románica”.

Coido que, igual mesmo sen nos decatar diso, algo moi semellante sentían os meus compañeiros, e sentía tamén o mesmo pobo de Samos, co que o mosteiro formaba unha unidade de historia, de vida, de afectos e de futuro.

E o Ricardo formaba parte deste vigor emocional. Un día, cando baixabamos a maitines, ás 5,30 da mañá se mal non recordo, o Ricardo non se incorporou á fila dos novicios. Marchara do mosteiro.

Sempre me doeron as marchas do mosteiro, fose quen fose o novicio, júnior, ou monxe que o fixese. Dábame mágoa. Daquela sentía o mosteiro como a miña casa para sempre, tíñao moi seguro. Antes e despois de Ricardo foron marchando outros, case todos os meus compañeiros. Co tempo souben que algúns deles marcharon como fugándose, porque o proceso para abandonar o mosteiro estaba case como demonizado. Collían as cousas, con cartos ou sen cartos, e largaban como podían para coller o coche de liña. Era para eles como a fuga de Alcatraz. Incluso cando despois as familias pedían, suplicaban que lles entregasen as notas dos estudos cursados, éranlles negadas a non ser previo pago dunhas cantidades de cartos que normalmente as familias non tiñan. Nisto o abade Mauro era moi taxativo.

Naqueles tempos eu, que ía moito de devoto e cumpridor, non entendía estas marchas e case as demonizaba tamén. Logo, co paso dos anos, eu deixei a vida monástica. E entendín que, cando tiñamos aqueles 15, 16, 17 anos deberíannos apartar do mosteiro para que fixésemos vida fóra, para madurar as nosas opcións, para ter oportunidade de ver outras posibilidades, para aclarar ideas, afectos, decisións...

Pero daquelas as cabeciñas non daban para máis, nin as nosas nin as de quen tiña a responsabilidade de nos orientar; e iso que, coa evolución que ía collendo a experiencia relixiosa, ben se vía que os mundos cambiaban, tamén os mundos da fe cristiá e os mundos monásticos, e, se non madurabas tal como a realidade o demandaba, corrías o risco de quedar illado, e de acabar sendo insignificante, sen sentido. E houbo bastantes mosteiros que sufriron deste mal. O de Samos tamén.


Non volvín saber nada de Ricardo ata moitos anos despois. Souben que tivera que refacer os estudos cursados xa en Samos, que logo estudou Dereito, que foi un moi cualificado avogado, como xa dixen, que rexeu un importante bufete de avogados grazas ao esforzo, ás ganas de ser alguén proveitoso para si mesmo, para a súa familia e tamén para a sociedade.

Ricardo, iso si, mantivo viva a semente crente cultivada en Samos. E, con ela, a semente solidaria. Por moi desagradable que fose a súa marcha do mosteiro, nunca renegou del. En ocasións importantes para o mosteiro por trámites xurídicos púxose ao seu servizo gratuitamente, e foi un dos exalumnos que máis devecía polos encontros periódicos no mosteiro, e que máis traballou por facelos vivos e atraentes.

A súa morte deixou un baleiro grande entre quen fomos os seus compañeiros hai máis de 60 anos e entre quen o admirabamos no presente polo seu dinamismo, pola súa sabia e atinada locuacidade, polo seu respecto cara ao mosteiro e todo o nel vivido, e polo regueiro de amizades que deixaba tras del.

Que descanse en paz. Que a súa memoria nos alente nas ganas de sermos nós mesmos, con audacia, con humildade, con sentido de grupo. No mosteiro eterno eternamente condiscípulos.

                               Manuel Regal Ledo, exmonxe de Samos, compañeiro e amigo de Ricardo Lito.


24.3.24

RICARDO LITO MARTÍNEZ BARROS in memoriam

 

Manuel Busto, P. José Luís Vélez (prior de Samos), Ricardo Martínez Barros e Celso Penedo

No serán de hoxe unha mensaxe no móbil, enviada polo seu querido curmán Pepe, anunciábanos o repentino pasamento do prezado amigo Ricardo Lito Martínez Barros. O abraio, a tristeza e o descaougo viñéronse a instalar de súpeto cabo de min, paralelamente aos múltiples recordos a carón do insubstituíble compañeiro.

A Ricardo coñecino, sendo adultos ambos, a finais do século pasado. Tiñamos en común o noso pasado como alumnos no Mosteiro de Samos, pero de épocas diferentes. A min cóubome a felicidade de convocar repetidas veces as Xuntanzas das distintas promocións de compañeiros que alí nos xuntamos, trienalmente ao principio, anualmente na actualidade. Na primeira convocatoria falei telefonicamente con Ricardo e inmediatamente se ofreceu a colaborar. Naquel mesmo intre quedamos emprazados en Santiago de Compostela para uns días máis tarde, cita á que tamén acudiu Manolo Regal Ledo. Foi na cafetería Kristal da Praza Roxa onde nos coñecemos. Desde aquel día, a nosa amizade non parou de medrar. Doce Xuntanzas en Samos, catro Xornadas de Traballo Voluntario no mosteiro, decenas de comidas de confraternización en localidades de Pontevedra, Ourense e Lugo e frecuentes contactos telefónicos serviron para alimentar aquela sólida  amizade. Cambados será o omega deste periplo vital que compartimos. Alí nos despedimos a última vez, no pasado mes de novembro cando fomos ver a exposición de Ramón Cabanillas sobre o libro “Samos”.

Tiñámonos mutuo aprezo e unha completa sintonía na nosa relación. A impronta de Samos, a amizade común con varios monxes e varios excompañeiros, a súa refinada educación, a súa ampla cultura e o seu trato afable facilitaron esta fermosa relación, que hoxe tristemente expira para instalarse na permanencia das lembranzas.

Caro amigo Lito, deixas en nós grata memoria e fondo baleiro. Botarésmoste en falta sempre e moito máis cada vez que nos xuntemos os exalumnos de Samos.

Na XI Xuntanza, na casa de Martín, en Praducelo, Lóuzara.

Éntoma, no Barco de Valdeorras; Baíña, en Baiona, a Praza Elíptica de Vigo e Samos co seu mosteiro choran nesta noite estrelada da incipiente primavera o teu prematuro óbito. Choran e amosan a súa dor por quen tanto amor derramou sobre as xeografías definidoras e simbólicas dunha vida colmada de afectos e de experiencias.

En maio de 2022, no blog deixabamos estes dous comentarios recíprocos:

Nas Xornadas de Traballo do ano 2015

1.  “En cierta ocasión un periodista de renombre escribió un artículo titulado “LOS ALMENDROS HAN FLORECIDO...” Y el director del periódico le dijo ¿A quién coño le interesa que los almendros hayan florecido?

-Pues a todos los lectores del periódico, le contestó el articulista, porque el año en el que los almendros no florezcan es el anuncio del fin del mundo y de nuestra civilización.

Querido Manolo, muchas gracias por seguir apostando por algo tan sencillo como el organizar una Xuntanza.

¿A quién coño le interesa la organización de una Xuntanza de exsamonenses?

Pues a todos...los que creemos que la vida consiste en un volver a nacer, a ilusionarnos, a recordar....

El día que esto ya no se pueda hacer, posiblemente el mundo seguirá existiendo, pero algo de nosotros ya no estará, y para nosotros habrá dejado de existir el mundo, la civilización ¿O no?”

2.  “Gracias a ti, Ricardo, porque tu aliento y la común devoción que sentimos por Samos, contribuyen decisivamente a que nuestras Xuntanzas prosigan su cita trienal. Al avanzar los trienios vemos como nuestro colectivo mengua por motivos diversos, entre ellos el natural devenir de los años y las enfermedades que nos merman y causan bajas siempre tristes. Y otras por motivos varios: el cansancio, la rutina, el desafecto... Vete tú a saber qué más! Nos vemos en Samos el día 10 de junio, si no surgen imprevistos, para compartir otra jornada entrañable entre compañeros”.

                                                                                                        Manuel Busto Galego

Na terraza do bar España, no descanso do mediodía nas Xornadas de Traballo do ano 2017


 


28.1.17

ANTONIO GABRIEL GRAÑA RAMOS IN MEMORIAM


Como expresión de agradecimiento y profundo pesar por su reciente fallecimiento, traemos hoy aquí la memoria de Antonio Gabriel Graña Ramos, quien, por invitación de Ricardo Martínez Barros, vino a colaborar altruistamente en las III Jornadas de Voluntariado organizadas en agosto de 2015 en el Monasterio de Samos. En la foto superior le vemos sonriente ocupando el tercer lugar por la derecha, entre Elías Puga y Ricardo Martínez. En la imagen aparecen todos los voluntarios que acudieron a las III Jornadas.
Antonio, por aquellas fechas gozaba de la salud recuperada después de superar una difícil dolencia oncológica. Haciendo un paréntesis en su actividad de farmacéutico especializado en Análisis Clínicos y Microbiología, profesión que ejercía en Hospital Xeral de Vigo; acudía a Samos para colaborar en la sencilla tarea de pintar el antiguo dormitorio de los colegiales. Tuvimos el gusto de compartir con él trabajo y alegría y saber de su entusiasmo y sano humor. El pasado día 13 de enero Ricardo Martínez nos comunicaba su óbito. Desde esta página queremos transmitirle a su familia y amigos nuestro pesar y sincero afecto.
En el refectorio del monasterio.
Antonio hace entrega al P. Prior, José Luis Vélez, de su libro "Nuestras Vidas", que por aquel entonces estaba recientemente editado. La escritura era una de sus vocaciones. Concretamente en este libro dedica un capítulo a nuestro compañero y común amigo, Ricardo Martínez Barros. Otro título que le conocemos es "Galileo Galilei en el ángulo oscuro".
Momento de descanso en una terraza próxima al monasterio, después de una intensa jornada de trabajo.
Descanse en Paz Antonio Graña Ramos.

6.11.14

NA MEMORIA DO PADRE FRUCTUOSO PISABARRO

Nunca é tarde porque a intención é boa. Case catro meses se dilatou esta sinxela homenaxe que hoxe lle queremos render desde esta páxina á memoria do que foi o noso profesor e amigo o P. Fructuoso Pisabarro, monxe de Samos.
Del queremos salientar o seu trato afable, sosegado, a súa palabra serena, a súa ecuanimidade, a súa exemplaridade beneditina e o seu maxisterio.
Querémoslle agradecer o afecto e a calor con que sempre nos acolleu, os seus consellos prudentes, a súa sinxeleza e humildade e o seu saber. 
Oriúndo de La Bañeza, encontrou en Samos e no seu mosteiro a casa definitiva, e a familia que o rodeamos foi extensa e frutífera. O claustro foi o seu ámbito e no claustro amosou saberes de xardineiro e aloumiños para a tartaruga. 
Quede aquí constancia do noso afecto e obriga para con el. E igualmente, o noso pesar polo seu óbito.




 O P. Martín e o P. Fructuoso na VI Xuntanza de exsamonenses. Os dous faleceron no presente ano.
 O P. Fructuoso na VI Xuntanza xunto a Manuel Coedo e Antonio Paz.
 Na VI Xuntanza, o P. Fructuoso aparece entre o alcalde de Samos e Ricardo Martínez Barros.
Para sempre a súa figura quedará inmortalizada no lateral occidental do Claustro Procesional. Alí o retratou Enrique Navarro en 1963, axeonllado ante a imaxe de San Bieito, nunha pasaxe que corresponde á Apoteose da Regra de San Bieito.