Mostrando entradas con la etiqueta XUNTANZAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XUNTANZAS. Mostrar todas las entradas

25.6.24

XII XUNTANZA DE EXALUMNOS DO MOSTEIRO DE SAMOS

Vinte e nove anos hai que iniciamos as reunións en Samos os exalumnos do mosteiro das promocións 1958-1969. O vivido nesas Xuntanzas acadou momentos inesquecibles. Pero como toda obra humana, tamén as Xuntanzas tiveron períodos de auxe e períodos de decaemento, como o actual. Decaemento que se amosa nas cifras dos reunidos e nunca na ilusión e na amizade dos que acudimos.

Somos un colectivo disperso pola xeografía, dispar nas idades, variopinto nas profesións e diverso noutras múltiples facetas. Convócanos e reúnenos o noso pasado nas aulas do mosteiro de Samos e a formación austera do Colexio Benedictino. Agora, xa todos na idade provecta da xubilación, nada hai que impida a alegría de volver a vernos mentres haxa saúde.

Neste ano 2024 fomos capaces de xuntarnos unha ducia de compañeiros, que mantemos vivo o espírito das primeiras reunións e un incuestionable e demostrado amor e devoción por Samos, co seu mosteiro, coa súa xente, coa súa paisaxe, coa súa historia, co seu latexo actual, co seu pasado... Esta edición estivo marcada polos recentes falecementos do P. Domingo Candelas e do compañeiro Ricardo Lito Martínez Barros, un dos firmes mantedores e organizadores das nosas Xuntanzas. Por iso os actos organizados estiveron presididos polo recordo e pola homenaxe aos monxes e compañeiros falecidos.

Para esta homenaxe invitamos á señora alcaldesa de Samos, María Jesús López López, quen accedeu a recibirnos no concello e acompañarnos nos actos da mañá cunha receptividade e acollida encomiables, que lle agradecemos infinitamente.

O día 15 de xuño, as 10,30 h foi a cita no restaurante a Veiga, onde couberon os saúdos e as benvidas e onde compartimos un almorzo colectivo.

Posteriormente trasládomos á pé ata a Casa do Concello.


No Concello houbo unha recepción no salón de plenos por parte da alcaldesa quen agradeceu aos antigos alumnos do mosteiro a súa presenza en Samos, o feito de que escollesen Samos para as súas Xuntanzas ao longo de tantos anos e igualmente expresou o ofrecemento do Concello como lugar de acollida institucional para este colectivo. Por parte dos exalumnos intervimos catro compañeiros con diferentes alocucións.


 


 Posteriormente houbo intercambio de agasallos e visita ás instalacións municipais:
 

 
A continuación a comitiva desprazouse á Horta da Botica para coñecer a recén inaugurada praza de Fiz Vergara Vilariño, que se encargou a señora alcaldesa de amosar e explicar aos visitantes.



Para acto central do día eliximos o entorno da Capela do Ciprés. O motivo do acto era recordar e homenaxear os compañeiros e monxes falecidos, con especial mención a aqueles cuxo pasamento era recente: P. Domingo, P. Modesto e Ricardo Martínez Barros.

                         Naquel paraíso eremítico                        
que o ciprés circunda
vidas fluíron sobre a auga
camiño do alén mar
nas nove rosas oferentes
voadas desde a ponticela
para aboiar na corrente
do Oribio, fresca e limpa.
Ondas levaron memoria,
homenaxe e sentimento
en pétalos de emoción vermella
e palabras de sonora amizade.






Rematado o acto, retornamos pracidamente cara o concello para visionar unha proxección de fotos que recollen principalmente imaxes dos compañeiros e monxes falecidos nas diferentes etapas en Samos: no colexio, no noviciado, nas Xuntanzas, nas Xornadas de Traballo

O xantar no restaurante A Veiga cumpriu a tradición de anos anteriores.

Na despedida, un paseo polo casco histórico de Sarria.


Esta Xuntanza tivo un desenrolo diferente a cantas temos asistido. O recente pasamento de Ricardo Martínez Barros estivo presente en cada momento e a nostalxia do amigo desaparecido volveuse inevitable. Mais, a presenza, acompañamento e apoio institucional e persoal de María Jesús López López, alcaldesa de Samos, marcou unha notable diferenza e contribuíu decisivamente a que esta XII Xuntanza deixase en todos nós unha gratísima sensación (Manolo Regal dicía nunha mensaxe, tres días máis tarde: "Van aló tres días, pero que experiencia máis completa. Grazas a todos por facilitala..."). As impresións doutros compañeiros acertaban a calificar á señora alcaldesa como afable, espontánea, paciente, entusiasta, resolutiva e sumamente hospitalaria. Foi conclusión común opinar que o Concello de Samos ten unha rexedora cabal, capaz e preparada para dirixir os asuntos do pobo samanense. 
Desde aquí queremos reiterarlle o noso profundo agradecemento  polas atencións e sensibilidade amosadas. 

ALOCUCIÓN DE MANUEL BUSTO EN RESPOSTA Á RECEPCIÓN DA SEÑORA ALCALDESA:

Señora alcaldesa, Chus López, moitas grazas pola deferencia de recibirnos nesta casa do pobo de Samos.

Aquí estamos doce exalumnos do mosteiro, que hai xa moitos anos formamos parte da poboación que animaba a paisaxe privilexiada desta vila. Aquí estudamos e vivimos cando eramos nenos e adolescentes, desde 1960 a 1972, quizais inconscientes da enorme influencia que aquela experiencia estaba a causar en nós. Transcorreu máis de medio século e o feitizo de Samos nunca minguou.

Vimos unha ducia dun total de 152 alumnos que chegaron a Samos entre os anos 1960 e 1969. Dese total, fomos capaces de localizar, no seu día, algo máis de 90. Outros tres xa faleceran cando convocamos a I Xuntanza. A estas reunións  acudimos  45 compañeiros en cada unha das dúas primeiras Xuntanzas. Desde entón, o número de asistentes foi diminuíndo por diferentes razóns (oito faleceron, outros  están maiores ou afectados por enfemidades, algúns residen no estranxeiro ou en lugares moi distantes, tamén o casancio e a desafección...). Por iso quero destacar os 12 que hoxe acudimos a Samos, porque mantemos viva a memoria daquel Colexio Benedictino e daquela etapa que nos fixo compañeiros e porque simultaneamente amosamos o noso compromiso e devoción por Samos e polo mosteiro.

         Na presente XII Xuntanza, os nosos sentimentos mesturan a alegría por volver a estar xuntos e a tristeza do recente pasamento dun dos nosos compañeiros máis significados e  entrañables, Ricardo Lito Martínez Barros. Por iso quixemos que esta reunión sexa para recordar e honrar a Ricardo e aos demais compañeiros e monxes que faleceron nos tres últimos decenios, no período que abarcan as nosas xuntanzas. Contar co acompañamento da primeira autoridade de Samos para esta homenaxe contribúe, sen dúbida, a magnificar este acto.

         Somos conscientes de que ao amigo Ricardo lle gustaría contar con este refrendo institucional, pois foi el en varias ocasións quen invitara aos anteriores acaldes de Samos a participar nalgunha das nosas Xuntanzas e tamén nunha homenaxe que lle fixeramos ao Padre Maximino Arias.

         Tamén quero recordar unha frase que Ricardo Lito lle expresara aos anteriores alcaldes: “que deberían mirar os exalumnos do mosteiro como verdadeiros embaixadores de Samos espallados polo  mundo”. Recollendo esta frase, entendemos que somos embaixadores ou algo semellante porque sentimos Samos con orgullo, porque queremos esta terra, porque a nosa etapa aquí nos marcou definitivamente e porque difundimos e amosamos esa querencia nos múltiples ámbitos e lugares que habitamos.

         Regresar a Samos é sempre unha alegría e unha necesidade, coma a do fillo que volve á casa dos ancestros. Vimos para vivir e para recordar, pero fundamentalmente para fortalecer os lazos tecidos durante a nosa infancia nesta vila.

         Xa non queda ningún dos monxes coetáneos nosos, moitos deles profesores e amigos. Non nos queda “familia” no mosteiro. Por iso a nosa gratitude acada unha cota elevada por este recibimento na Casa do Concello e pola túa amabilidade e acollida.

         Moitas grazas, de corazón. Que Samos teña en ti unha rexedora sabia e laboriosa, capaz de conducilo a feliz destino.

 Manuel Busto Galego, en representación do colectivo de exalumnos do mosteiro.    

TEXTOS LIDOS NA OFRENDA FLORAL AOS COMPAÑEIROS FALECIDOS:

JOSÉ PABLOS GONZÁLEZ. Sempre lle chamamos Pepín. Era sobriño de Rosa de Viladetrés. Da provincia de León, coma ela. Era da promoción de 1964. No mosteiro de Samos estudou no colexio e dous anos no noviciado. Volvemos a recuperalo na I e na II  Xuntanzas,  xa como garda civil que tiña o seu destino no cuartel de La Virgen del Camino, moi preto da cidade de León. Lembramos que na I Xuntanza non estivera para facer a foto oficial,  pois ausentárase para ir saudar á súa tía. Poucos anos despois da II Xuntanza soubemos do seu pasamento. Hoxe recordámolo con agarimo, case trinta anos despois. Rosa era súa tía e rosa é a flor con que o honramos no río da vida.

JOSÉ LUÍS CASTRO TABOADA. Era natural de Merlín (Agolada). Estivo no Colexio Benedictino de Samos catro anos, desde 1966 a 1970. Despois emigrou a Baracaldo e alí residiu ata a fin dos seus días, nos que un cancro o levou aos 56 anos. Destacamos de José Luís Castro a moita ilusión que lle facía asistir ás reunións en Samos cos excompañeiros de estudos. Sempre se organizaba para acudir cos outros compañeiros que residían no País Vasco.  Con idéntica ilusión e afecto o recordamos hoxe aquí entre nós.

 JOSÉ LUÍS LÓPEZ ARMESTO. Coñecido entre os compañeiros como “Paradela”, pois era natural de Paradela. Estivo no colexio do mosteiro desde 1964 a 1967. Despois volveu á súa vila natal e xa de adulto visitámolo varias veces no bar A Ruxidoira, que rexentou durante anos a carón do Colexio do seu pobo. Acudiu a varias  Xuntanzas sempre con evidente alegría e elegancia. Un cancro levouno prematuramente no ano 2017 cando tiña sesenta e poucos anos.  Hoxe Paradela volve estar connosco en Samos, no noso afecto e na nosa memoria.

Oración elaborada por Manuel Regal Ledo

RUDESINDO RIVERO MARTÍNEZ, nacido na Limia (Ourense) e con residencia permanente en Avilés. Era da promoción de 1958. Estivo dous anos no colexio en San Clodio e posteriormente en Samos. Contaban algúns dos seus coetáneos o gran cambio que experimentara Rudesindo entre aquel neno que saía por primeira vez da súa aldea limiá e o Rudesindo coa impronta samanense. Acudiu á maioría das Xuntanzas, sempre cunha finura exquisita, no seu trato afable e agradecido, na súa vestimenta elegante e impecable. Nas últimas Xuntanzas veu acompañado do seu fillo porque a el prescribíranlle non conducir. Cando foi convocado telefonicamente para a X Xuntanza recibimos a triste noticia de que morrera dous anos atrás na pandemia. Aquí volve estar hoxe presente nesta duodécima convocatoria co noso recordatorio e o tributo que lle dedicamos.

 AURELIO BOLAÑO BOLAÑO. Tamén era da promoción de 1958. Oriúndo da Limia. Bo compañeiro e moi afectuoso. Alegre e moi falador. Nunha das fotografías da súa etapa en Samos aparece  sorrindo e cun sacho na man, xunto a outro grupo de compañeiros, pois estaban cavando para construír o campo de fútbol de Viladetrés. Desde a época da I Xuntanza residía en Vigo, onde foi taxista e presidente do sindicato do Taxi. Acudía puntualmente a todas cantas reunións se convocasen dos compañeiros de Samos, animoso e orgulloso das súas dúas fillas, tituladas universitarias e con cargos relevantes. Asistiu  á última reunión xa enfermo da doenza que causaría o seu óbito. Queremos recordar aquí con cariño o seu bo compañeirismo e simpatía e facerlle xusta memoria.

 CONSTANTINO CASTRO SARMIENTO. Oriúndo da Limia, alto, espigado e atlético. Así aparece nas imaxes da súa etapa monástica en Samos e trinta anos despois nas Xuntanzas. Acudiu a dúas delas desde Vigo, onde traballaba nunha empresa de telecomunicacións. Os problemas da vida e un alzhéimer prematuro fórono apartando ata que se produciu o seu óbito. Del mantemos recordos agradables, que hoxe queren ser de honra ao compañeiro que viviu a alegría adolescente dos claustros recén restaurados.

 P. BAUTISTA VÁZQUEZ. Natural da parroquia de Penosiños, no concello de Ramirás, un concello da comarca de Celanova. Tivo un papel destacado sobre unha boa parte dos exalumnos destas Xuntanzas. El foi reitor e axudante do Colexio e profesor nas promocións de 1958 e 1960. Posteriormente o abade trasladouno ao colexio de Mayagüez, en Porto Rico e alí en América deixou a orde benedictina e trasladouse como crego a Nova Iork, onde rexentou unha parroquia durante moitos anos e cuxo exercicio mereceu que o Papa lle concedese o nomeamento de monseñor. Nos veráns acudía de vacacións a Galicia e nunca faltou a unha cita cos exalumnos de Samos, organizada por Ricardo Lito Martínez Barros, que con frecuencia o acollía na súa casa de Baíña, en Baiona. Nestas xuntanzas o P. Bautista ou P. Perfecto amosábase sumamente extrovertido, simpático e sempre disposto aos acertixos, ás adiviñas, aos xogos de palabras, á broma. Del destácabase sempre o seu bo estado de saúde, a súa vitalidade e o seu permanente bo humor. Estivo connosco en Samos na VI Xuntanza, no ano 2009 e oficiou el a misa. Hai tres anos, de maneira súbita, deixounos con 85 anos. Os seus restos están en Nova Iork. Samos e os exalumnos do mosteiro honrámolo nesta súa terra de querencia onde deixou grato recordo.

 RICARDO LITO MARTÍNEZ BARROS. Apuntaba un compañeiro hai uns días que Ricardo foi un dos piares destas Xuntanzas de exalumnos do mosteiro. A súa definida personalidade e o seu trato afable e cálido fixérono acreedor do xeral recoñecemento. A todos nos honrou coa súa amizade e coas súas apertas que marcaban o inicio e o remate de cada xuntanza. Estivo en todas as Xuntanzas, excepto nunha que por un pequeno problema de saúde tivo que ser hospitalizado uns días. Víase que viña con ilusión e que disfrutaba con todos os compañeiros e con todas as actividades organizadas. Sempre lle parecían intersesantes e sempre as enxuizaba coa mirada panorámica da súa demostrada sensibilidade e cultura.

O 24 de marzo pasado un infarto truncou de súpeto toda a ilusión que poñía no seu traballo, na súa familia, nos seus amigos. Os compañeiros de Samos choramos o seu óbito e sentiremos longamente a súa ausencia. Coma hoxe. Recordalo e expresar os nosos sentimentos encol del serviranos de alivio e simultaneamente de homenaxe ao infortunado amigo falecido.

Depositamos esta rosa sobre as frescas augas do río de Samos para que viaxe a carón do mosteiro que o acolleu na infancia, como metáfora do periplo vital que todos percorremos e que cando chega ao mar, expira. “As nosas vidas son os ríos que van da ao mar, que é o morrer”.

Xunto á rosa van os nosos sentimentos de fidelidade ao amigo desde hai tantos anos e de tantas vivencias compartidas en amizade. Para ti, querido primo.

TEXTO DE CELSO PENEDO:

Querido, Lito:

Quero que saibas que estamos eiquí por ti e contigo. Foron moitos anos de sana amizade, que sempre mantivemos dende aquil día que me deixaches unha nota na oficina, para que fora visitarte ao teu despacho. Bendito día!

De cando en vez tomabamos café na cafetería que hai frente ó teu bufete, falabamos da familia, de viaxes..., pero na nosa conversa, nunca faltaba Samos e os compañeiros máis achegados, que mantemos esa semente viva que dende nenos levamos do mosteiro de Samos.

Hai poucos días, o día 31 de maio, estiven no teu bufete. Non volvera alí dende que ti nos deixaches. Subín a escaleira e xa na planta, a mirada fóiseme á dereita, onde está o teu despacho. Resultoume difícil crer que que xa non estás; a porta estaba aberta, todo estaba ordenado como ti o deixaches; e pensei no difícil que será que alguén poida sustituirte, co teu sorriso, co teu saber estar, que sempre trasmitías ós teus clientes de maneira inigualable.

Agárdame no alén e cando chegue o día do reencontro definitivo, volve a regalarme co teu amplo sorriso de amigo entrañable.

Celso Penedo Pérez.

MI EXPERIENCIA CON LITO (Manuel Ángel Castro Vega).

Cuando hace muchos años, ya no recuerdo cuántos, sonó el teléfono de mi casa convocándome a la I XUNTANZA DE EX ALUMNOS DE SAMOS a través de la voz de Manuel Busto pensé que aquello sería el principio de una gran experiencia.

Cuando llegue al claustro y me encontré con toda aquella gente, a los que a muchos no los conocía, pensé que de allí saldría una buena experiencia y no me equivoqué.

En las presentaciones me llamó la atención que todo el mundo me fue dando la mano excepto una persona. Esta persona me la presentó Manolo Busto como Ricardo Martínez Barros, Lito. Él no me dio la mano directamente me dio un abrazo y eso me pareció un gesto de cercanía y muy cálido.

Después de eso hubo otras Xuntanzas, comidas, jornadas de trabajo, excursiones etc. Y ahí descubrí a la persona, un hombre bueno, culto, agradable y agradecido por todas esas pequeñas reuniones que crearon un gran vínculo entre nosotros, a mí siempre me agradecía muchísimo mi esfuerzo por acudir a todas esas convocatorias, que a lo largo de los años, fueron muchas.

Para mí se nos fue un amigo que siempre estaba dispuesto a ayudar a quien lo necesitara.


 P. DOMINGO CANDELAS, P. MODESTO FERNÁNDEZ, OS DEMAIS MONXES E OUTROS COMPAÑEIROS FALECIDOS

A totalidade dos monxes que foron coetáneos nosos no mosteiro faleceron. Hai poucos meses morría o P. Domingo Candelas, o derradeiro referente da nosa época. Para el todo o noso afecto en memoria agradecida pola súa afabilidade, pola paz que emanaba da súa enxoita figura e pola alegría e agarimo da súa perenne acollida. Tivemos a satisfacción de despedilo colectivamente na pasada Xuntanza cando o seu estado de saúde xa era sumamente delicado.

 Descansade en paz, monxes e compañeiros todos,  xa formades un grupo ben numeroso para facerdes xuntanzas no alén. O paxariño da lenda apuntounos que pronto -trescentos anos son un día, dicía o salmo- estaremos convosco de novo no paraíso anunciado polo trilo do reiseñor.


1.5.19

CONVOCATORIA DA IX XUNTANZA DE EXSAMONENSES




Quien desee asistir, deberá comunicarlo telefónicamente a Celso Penedo Pérez (609 80 82 88) hasta las 20:00 horas del día 16 de julio.

25.5.16

VIII XUNTANZA EN SAMOS

O pasado 21 de maio acudiamos ao Mosteiro de Samos vinte e cinco compañeiros e dous achegados. Varias ausencias involuntarias por diversas razóns. Eis un resumo apresurado da VIII Xuntanza de exalumnos do Colexio Benedictino de Samos. 
As sensacións repítense como en anteriores edicións: a alegría do reencontro, a satisfacción de volver pisar estes seculares claustros da nenez, a evidencia do paso dos anos...
O agradecemento é para todos os que acudimos á reunión. Pero é de xustiza destacar a aqueles que viñeron desde puntos moi distantes: Ibiza, Valencia, San Sebastián, Madrid, León, Xixón, Avilés, Vigo, A Coruña, Valdeorras, etc.
Volver a Samos logo de tantos anos ha de entenderse desde o afecto aos compañeiros e aos monxes e á devoción e recordos que en nós aínda suscita o Mosteiro.
Recordamos aquí a aqueles compañeiros que quixeron estar e que por diferentes causas non puideron asistir: Ricardo Martínez (un dos organizadores), hospitalizado; José Barros, de viaxe en México. Grazas aos dous por agasallarnos co exquisito viño Pagos del Galir, que acompañou o menú do restaurante A Veiga. Cándido Nóvoa, que tivo unha cerimonia familiar; Fidel Torreiro por idéntico motivo; Ricardo Diéguez porque ese día acudía a súa filla desde Madrid ao domicilio familiar de Ponferrada; José David Fidalgo, por unha actividade concertada con antelación na Casa de Galicia en Bilbao; Manuel Regal, que desde hai meses tiña comprometida esa data nunhas conferencias; Ramiro Varela, que tivo que atender a cargos da Consellería de visita en Agolada na súa condición de alcalde; Javier Busto, por causas de saúde, Aurelio Bolaño, aínda en período postoperatorio; Antonio Paz Casas, que por motivos laborais tivo que desprazarse a Lanzarote en vísperas da Xuntanza, etc. Para todos eles e outros que non puideron  estar connosco, o noso afecto e lembranza. 

Nesta ocasión quixemos ter o encontro na Sala de Estudo do Colexio, mais ou menos recuperada coa fisionomía de antano, porque intuïamos que quizais este espazo teña un significado máis acentuado para calquera de nós.
Houbo alocucións do P. Agustín e do P. Prior, José Luis Vélez, por parte da Comunidade e de Manuel Busto por parte dos exalumnos.
O P. Prior expuxo a situación da Comunidade, dos  proxectos de futuro (restauracións de retablos, fábrica de Viladetrés, etc.), da visita dos alumnos e monxes de Mayagüez (Porto Rico)...
Manuel Busto saudou á Comunidade e aos exalumnos, expuxo a idea de recuperar o Colexio e conseguir musealizalo; presentou aos asistentes as Xornadas de Voluntariado, que xa van na cuarta edición e que se celebran a finais de agosto. Invitou a todos os participantes a que participasen. E no coloquio final decidiuse que nas vindeiras Xuntanzas quen así o queira acuda coa súa muller ou con outras persoas achegadas.
Tamén se falou da posibilidade de organizar este verán un xantar cos P. Bautista e o P. Modesto, que se comunicará para que poidan asistir todos os exalumnos interesados.
 Colocación da pancarta conmemorativa da VIII Xuntanza na Sala de Estudo.
 Asistencia á misa. Gerardo Vega ao órgano. O retablo maior, en proceso de restauración.

 Visita e oración na cripta.

 O P. Prior e o P. Domingo desenvolven un agasallo fotográfico que os exalumnos entregan ao Mosteiro.



 Visita no Museo a unha exposición sobre a historia do monacato.

 Olería de Samos (Lourido, Vilaceite...)
 Refección no restaurante A Veiga (todo un clásico).

 Visita á fabrica de Viladetrés.
A inactividade e a exuberante vexetación van apoderándose da granxa de Viladetrés.

4.2.16

VIII XUNTANZA DE EXALUMNOS DE SAMOS

Paulatinamente iremos informando en esta misma entrada del programa de actos y horarios de la Jornada, que en su mayor parte tendrá un formato similar a las anteriores.

11.9.13

CRÓNICA DAS XORNADAS DE TRABALLO EN SAMOS

Un problema informático demorou a publicación desta crónica máis do desexado. Vaian as desculpas para quen estivese agardando estas novas.
 23 e 24 de agosto de 2013 foron as datas elixidas para levar a cabo esta inciativa. Alí nos presentamos os 6 membros desta pequena e ilusionada brigada, dispostos a ofrecer o noso traballo a prol do mosteiro e da comunidade de Samos. Catro dos integrantes somos exalumnos do mosteiro. Os outros dous, Antonio Jiménez e Julio Bartolomé López sumáronse a esta idea por amizade connosco e por afecto a Samos. Queremos salientar o interese, ilusión e compromiso con que acolleron a nosa invitación. Para eles van o noso recoñecemento e gratitude. 
Varios exalumnos comunicáronnos que diferentes circunstancias lles impedirían participar connosco nestas xornadas. 
Por outra parte, tamén somos conscientes de que non todo o colectivo de exsamonenses se enterou desta convocatoria, pois os únicos medios que utilizamos para difundir as Xornadas foron o blog e os correos electrónicos que posuímos. 
Pois iso, fomos seis, media ducia, que é un bo número, na primeira xornada. Na segunda quedamos catro.
O resultado desta experiencia cremos que foi inmensamente positivo desde todos os puntos de vista. Ricardo Martínez resumíao así nun correo:
Nos ha quedado buen cuerpo y buen espíritu con nuestra escapada al Monasterio. Excelente idea.
Manuel Ángel Castro nun comentario desta mesma páxina exprésao deste xeito:
Bueno, después de estos dos gratificantes días, la conclusión es que fueron dos días inolvidables, que sólo con los gestos emocionados de la Comunidad ya es más que suficiente, algunos como el Padre Domingo se emocionó muchísimo y eso es muy gratificante. Por otra parte nosotros nos conocimos un poco más y conocimos nueva gente que estuvo encantada de estar con nosotros en esta tarea desinteresada. Dar desde aquí las gracias a Antonio y a Julio que con su disposición y buen hacer nos echaron una mano importantísima para poder abarcar más en nuestro trabajo. Antonio junto con Ricardo hicieron un trabajo de jardinería impresionante a pesar de contar con unas herramientas precarias, el cortacésped es para olvidar. Gracias Antonio por sacrificar una jornada de tu tiempo en favor de esta labor tan interesante. Quiero agradecer especialmente también a Julio Bartolomé su profesionalidad en el tema de la limpieza de cristales, estableciendo un protocolo de limpieza nada más empezar y con su bayeta colocada continuamente en el bolsillo trasero de su pantalón, pero sobre todo por su buen humor. Agradecerle además la copita de licor Pax con la que nos obsequiaron los monjes por ser el día de su Santo (el de Julio Bartolomé). No me puedo olvidar de Celso que como siempre nos sorprendió muy gratamente con unas camisetas conmemorando las jornadas de trabajo además de asumir los trabajos de alto riesgo. Agradecer también a Manolo Busto por la idea de estas jornadas que ya están en marcha y que deberíamos repetir al menos un par de veces al año y que yo propongo que sea una en verano y otra en invierno, la del invierno la dedicaríamos a labores de archivo y similares y la del verano a trabajos de limpieza y restauración como hicimos en esta ocasión. y ya por último comentaros a todos que de verdad fueron dos días realmente bonitos y gratificantes, aunque cansados, eso sí. Un saludo a todos y espero veros pronto y a todos los que no estuvieron animaros, os gustará. 
Como resposta ao comentario anterior, Ricardo Martínez engadía:
Manuel A. Castro Vega, además de un excelente compañero y buena persona,realiza una labor muy gratificante para los que le rodean, y que no es otra que "hacer feliz a la gente a base de comportamientos solidarios". Lo mismo que Julio y Antonio. De Manolo Y Celso no debo hablar porque son muchos años cambiando nuestros "cromos". Manuel Ángel, Antonio y Julio han entendido perfectamente cuál es la filosofía de este grupo. Y que no es otra que AYUDAR A AQUELLOS QUE EN SU DÍA TAMBIÉN NOS AYUDARON CON SU ENSEÑANZA Y EJEMPLO y CUMPLIR CON LOS COMPROMISOS QUE DE FORMA ALTRUISTA NOS HEMOS PROGRAMADO.
 El resultado no es otro que el que se expresa en el anterior comentario. Mi buen amigo Antonio, también letrado (pero no ejerciente) nada tiene que ver con las distintas promociones que pasaron por Samos. El sólo lo conocía como HUÉSPED. Y de eso hace más de 35 años. Antonio es un importante empresario de nuestra zona que le gusta pasar desapercibido, aunque posee un flamante Ferrari que le dificulta ejercer esa humildad que posee. Pero Antonio, que acaba de salir de una compleja intervención quirúrgica, se apuntó a esas jornadas de colaboración y fue feliz, a pesar de que lo sometí a un exhaustivo trabajo de jardinería que casi nos obliga a pedir auxilio. Regresamos con pena por no poder compartir un día más con los otros aguerridos "legionarios". Pero la gran satisfacción la encontramos entre nosotros mismos, y saber que todo esto sirve para que paremos de vez en cuando el reloj, y pensemos que también se puede encontrar la felicidad en algo tan sencillo como unas jornadas de trabajo en Samos y para Samos .
Pouco queda por engadir despois do anteriormente exposto. Só algunhas reflexións que compartimos nas nosas tertulias:
- Sempre hai máis felicidade no DAR ca no RECIBIR.
- O traballo une tanto ou máis que as festas.
- O traballo altruísta non se paga en euros senón na cara de alegría de quen o recibe.
- O noso traballo de dous días foi apenas unha pinguiña no inmenso océano do mosteiro. Sabemos que en dous días non imos resolver as necesidades que alí hai. Pero ese non era o obxetivo primeiro. O noso obxectivo era insuflar ánimo e expresar gratitude.
- Foi unha ocasión magnífica para fortalecer lazos de amizade entre nós e coa Comunidade.
- Gozamos de Samos cun tempo meteorolóxico espléndido, cousa que non conseguimos nas últimas Xuntanzas.
- Gustounos especialmente participar outra vez da vida benedictina, incluídos algúns oficios no oratorio.
- Recibimos o trato sempre caloroso e afectivo de toda a Comunidade.
- Agradecemos a ocorrencia e xenerosidade do compañeiro Celso Penedo que nos agasallou con esas camisetas brancas que lucimos e nas que gravou unha imaxe do mosteiro da súa autoría e o rótulo das Xornadas. Deunos un empaque moi profesional.
- Agradecemos ao supermercado Garza de Samos que colaborase connosco non querendo cobrar algúns produtos de limpeza que fomos mercar alí. A propietaria advertira na camiseta que vestiamos o noso labor de voluntariado.
- Quedáronnos enerxías abondo e ganas de volver a repetir a experiencia.
- Cumprimos case todos os obxectivos, agás o de catalogar e dixitalizar o arquivo fotográfico. Tres persoas dedicámoslle tres horas só para ver o que alí había e ter unha idea de conxunto para saber como acometer a tarefa. Queda moito traballo por facer.
Celso Penedo envíanos a principios de outubro as súas impresións:
Bueno queridos amigos y compañeros de las jonadas de trabajo en Samos, este borrador ya lo tenía escrito desde hace  unos 15 días para mandárselo a Manolo; un problema en el correo lo impidió y hasta hoy, que ya no tiene mucha razón de ser por el tiempo transcurrido.
Después de leer los comentarios de Manuel Ángel Castro, llenos de gratitud y felicidad, los cuales yo comparto totalmente, los de Ricardo Martínez Barros y los de Manolo Busto Galego, poco me queda que decir. Tengo que agradeceros a los cinco los dos días maravillosos que pasé en vuestra compañía, y a la Comunidad que como siempre se volcó con nosotros, son días que te vuelven a marcar, y son difíciles de olvidar.
Especialmente vaya mi agradecimiento a los abogados Antonio y Julio que nos han dado una lección de solidaridad. Antonio con Ricardo, los dos ”sudaron la camiseta” en el jardin, dándole un cambio total. Desde arriba veiamos a Ricardo como se colocaba para alinear el seto en los pasillos, no quedaba ni una rama fuera de línea. Julio en la limpieza de cristales, con la bayeta colgada del bolsillo, organizando y amenizando la jornada con su simpatía y buen humor.
Pensando que tenía que hacer algo para los compañeros, se me ocurrió hacer las camisetas, pero nunca pensé que tuvieran tanta aceptación, es más, pensaba que no las ibais a poner, os agradezco la buena acogida que le disteis.
Bueno, animo a todos los compañeros a que se apunten a estas jornadas de trabajo, nunca se van a arrepentir, al contrario, les quedará un gran recuerdo, de convivir con los compañeros y con la Comunidad, compartiendo comedor, trabajos y actos religiosos.


A corresponsal do diario EL PROGRESO segue o noso blog e enterouse das Xornadas. Veu a entrevistarnos e deixouno recollido neste artigo:

Curiosamente xusto debaixo da noticia das Xornadas de Traballo aparecía este artigo de J. García Bernardo dedicado ao futuro museo do monacato aínda inacabado na planta baixa do Claustro de Feijoo. 
Deste artigo gustaríamos destacar o que vai remarcado en bolígrafo vermello porque nel exprésase a importancia que ten o mosteiro como elemento dinamizador da vida e da economía do entorno. Se a xente de Samos se decatase desta importancia, quizais tamén organizasen algunhas xornadas de traballo para ter o mosteiro nas mellores condicións. Todos debemos ser conscientes de que a reducida comunidade benedictina que habita hoxe o edificio é claramente insuficiente para acometer todos os traballos de mantemento e limpeza do inxente cenobio. E non falamos de tarefas de restauración.

9.6.13

VII XUNTANZA. PRENSA E FOTO OFICIAL

O domingo 19 de maio, o diario "El Progreso" de Lugo deixou constancia da nosa VII Xuntanza en Samos, co artigo que se recolle na imaxe anterior.
No acto de Encontro coa Comunidade de monxes fixemos esta foto, que figura como oficial da VII Xuntanza. Nela aparecen: Manuel Busto(1), Luís Moreiras (2), Manuel Ángel Castro (3), Eleuterio Pisabarro (4), Julio César López (5), Luís Díaz (6), Pedro Miguélez (7), Manuel Abel Sanmartín (8), José García (9), Julio Areán (10), Eduardo Vicente (11), Ricardo Martínez (12), Ramiro Varela (13), Arturo Díaz (14), José Barros (15), Rudesindo Rivero (16), P. José Luis (17), Celso Penedo (18), Isaac Iglesias (19), Aurelio Bolaño (20), Fidel Torreiro (21), José Luis López (22), P. Agustín (23), P. Martín (24), P. Miguel (25), P. Domingo (26).