Mostrando entradas con la etiqueta COLABORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLABORACIÓNS. Mostrar todas las entradas

3.5.20

¿QUÉ NOS QUEDA DEL ESPÍRITU DE SAMOS?


Era un domingo, día 30 de abril de 1995, cuando “cerca de 90 exsamonenses celebran su primer encuentro”. Así lo reflejaba LA VOZ en su  edición del jueves anterior, dia 27 de abril de 1995, y que acompaño  a esta entrada

¡Cuánta ilusión, cuánto esfuerzo, cuántos deseos de seguir manteniendo el “espíritu de Samos”!  Pero hoy, día 1 de mayo de 2020, privados de libertad, asustados con una pandemia de las que en la Edad Media habría barrido a la mitad de la Humanidad, trato de buscar consuelo y alivio en la comunicación, en el diálogo, en la presencia, aunque sea virtual, del compañero…Y no encuentro más que soledad, desilusión, abandono…Me adentro en los milenarios muros del Monasterio y ya  no sé si la Comunidad existe, y si existe me temo que ya ha dejado de ser  Comunidad para los exsamonenses, porque  “fuerzas invisibles” han logrado destruir el cordón umbilical que a lo largo de los años nos unía a ella. Y tampoco me ofrece mucha esperanza que nosotros mismos, como exsamonenses, estemos haciendo lo necesario para la pervivencia de ese  “espíritu”, excepto aquellos que, dejando  a un lado las pequeñas diferencias que nos pueden separar, nos esforzamos día a día  para seguir manteniendo algo tan digno y loable como es la AMISTAD, la amistad por la amistad sin ningún otro elemento espurio que la diluya

Hoy, dia 1 de mayo de 2020, caminamos lentamente hacia un comportamiento inercial que nos marcan las circunstancias personales y de nuestro entorno. Tiempos difíciles nos esperan. Sin embargo  tengo la esperanza de que aún esté viva la llama del “espíritu de Samos”, al menos para todos aquellos que seguimos pensando que, por encima de edades, ideologías, posiciones sociales, comportamientos individuales…está la ILUSION DE NO PERDER EL ENCANTO POR EL  RECUERDO DEL PASADO  Y EXCITACIÓN POR LA VIVENCIA DEL PRESENTE
Tener ilusiones es vivir, porque la ilusión es el primero de todos los placeres y nos conduce a alcanzar objetivos increíbles. No perdáis esta virtud, por favor.

Un abrazo.

RICARDO MARTINEZ BARROS
   

20.12.14

FELIZ NADAL, FELIZ ANO NOVO

Coa simplicidade destes versiños que vos mandamos queremos contribuír tamén a subliñar a múltiple variedade da fermosura, reflexo en todo caso da fermosura grande, fontal, de Deus, do Deus que no Nadal nos recorda a súa constante proximidade e compromiso connosco.

Desde o portal de Belén,
onde apunta a solidariedade de Deus
e nacen todas as esperanzas,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde o mundo da aldea,
onde a esperanza viste as roupas humildes
da terra e da auga,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde os fogares de renda escasa ou nula,
onde a esperanza se fai berro e demanda,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde a xente sen fogar, desafiuzada, sen portal,
onde a esperanza se fai rabia e bágoas,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde os conflitos armados da humanidade,
onde a esperanza é moza frustrada, castigada,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde os soños sociais, políticos,
onde a esperanza se viste de noiva,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde a Igrexa pobre e para a xente pobre,
onde a esperanza abre cautelosos camiños,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde as páxinas de Irimia, Encrucillada e Fervenza,
onde a esperanza se fai palabra humilde, tatexante, servidora,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde o corazón de Deus,
onde a esperanza é xeito natural e eterno,
feliz Nadal, feliz ano novo.

Desde a casa, a familia, o corazón deste amigo,
onde a esperanza sofre violencias,
pero é máis vigorosa que todos os seus contrarios,
feliz Nadal, feliz ano novo.

MANUEL REGAL LEDO

9.2.13

MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE BERGONDO (A CORUÑA)

Queridos compañeiros, o sábado 3 de febreiro tiven a sorte de celebrar un encontro de traballo cun grupo amplo de persoas que formamos a Asociación de Crentes Galegos “IRIMIA” en locais do Mosteiro de San Salvador de Bergondo, preto de A Coruña. Os locais que utilizamos para o noso encontro pertencían ao antigo claustro do mosteiro, abandonado desde os tempos de exclaustración (1835), pero en proceso de rehabilitación para usos diversos.
            Acordeime de Samos, por suposto. Acordeime de todos vós. Ter vivido o que xuntos temos vivido en Samos dános un aquel especial para situarnos nestes espazos privilexiados, para poder admirar o seu encanto, aínda que os edificios estean medio derruídos, para poder entrar no mundo de luz e de soños, de tribulación e de desfeita que se construíu ao abeiro de paredes e tellados.
            San Salvador de Bergondo foi un mosteiro menor. Sabedes moi ben que en Galicia, a maiores dos grandes mosteiros como Celanova, San Martiñio Pinario e Samos, había unha ampla rede de prioratos dependentes deles. San Salvador de Bergondo pertencía a San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.
            Precisamente por seren mosteiros menores, por ten menor número de monxes –normalmente andaban pola ducia— e por ter menores rendas tamén, non puideron expoñerse a construcións maxestosas nas que, sobre todo nos séculos XVII e XVIII, se embarcaron os grandes mosteiros. Nin as precisaban, nin tiñan medios para facelas.
            Pero, como non hai mal que por ben non veña –aínda que o ter pouco e ser menor eu nunca o considera un mal, case ao contrario--, o non facer grandes obras de cambio e transformación, permitiunos contemplar obras coma esta igrexa románica da que vos ofrezo varias fotos. Algo así, quizabes un pouco máis grande, debeu ser a igrexa románica de Samos, da que se conserva unicamente a porta sur da nave principal, e que foi destruída no s. XVII-XVIII para construír a actual que coñecemos. Vedes que preciosidade de Igrexa. Fachada principal perfecta, simple, sen grandes decoracións, pero cos elementos que caracterizan un modelo románico. Tres naves, como conviña a un mosteiro, que necesitaba máis espazos do que unha igrexa parroquial rural para poder desenvolver no seu interior o culto monástico. Tres ábsidas semicirculares ben acompañados das súas correspondentes ventás, columnas adosadas, capiteis, todo sobriamente decorado. Dúas pequenas portas laterais, unha polo sur e outra polo norte, para dar acceso ao templo tanto aos monxes do mosteiro coma aos veciños e veciñas da parroquia.
            No interior chamaravos a atención, se algún día a ides visitar, a imaxe policromada do Salvador, patrón da igrexa e do mosteiro, que non sei datar convenientemente, pero que me parece especialmente meritoria; tamén me pasa o mesmo co santo Cristo situado no interior sobre a porta pequena norte. E por suposto o retablo e altar de San Bieito, coa imaxe do patrón querido, cos símbolos que o caracterizan: báculo, mitra e corvo co pan na boca; na parte alta do mesmo retablo, san Bernaldo na nosa esquerda, Santiago peregrino no centro, e san Veda o Venerable na nosa dereita.
            Foi para min un verdadeiro pracer pasar esta xornada aquí, en Bergondo, con ese grupo de amigos e amigas; foi un pracer tamén visitar con calma a igrexa, e ir descubrindo pasiño a pasiño eses elementos dos que nós sabemos tanto, sobre todo porque dunha forma ou doutra os levamos dentro do noso corazón, como parte da nosa configuración humana e espiritual. Un mundo vello, pero non por pasado, coido eu, insignificante para as persoas que hoxe desde novas perspectivas queremos construír o noso presente persoal e social con peso e densidade.
            Anímovos a visitalo cando poidades. Ademais está cerca de zonas de interese turístico, paisaxístico, praias incluídas, que vos permitirá gozar dunha espléndida xornada de descanso e vacación.
Un abrazo para todos vós, extensivo, por suposto, aos monxes de Samos que no presente manteñen vivo o espírito que lle deu e lle dá alento e vida ás construcións que contemplamos. O dito, un abrazo cheo de afecto.
                                                                                                 MANUEL REGAL LEDO

21.12.12

POR SAN VICENTE DO PINO, EN MONFORTE DE LEMOS

     
Hai uns días mandei unha felicitación do Nadal aos monxes da Comunidade Benedictina de Samos e tamén a todos cantos nunha época ou noutra, por máis ou menos tempo, estivemos convivindo coa comunidade monástica de Samos e participando do seu compromiso humano e espiritual. A escultura que vos presentaba en fotografía ofrecía, ao meu ver, coma unha preciosa foto familiar de Xesús neno, a súa mamá María e a súa avoa Ana. Dalgunha maneira era coma unha desas fotos de familia que todos temos, e que de cando en vez nos gusta volver a ver, para recuperar o pasado mediante a lembranza cargada de afecto.
            Algo así foi o que me pasou a min non só ao contemplar a imaxe antedita, senón ao moverme nunha tarde dos primeiros de outubro, cando xa se anda coas vendimas ás voltas, polo interior e polo exterior do que fora mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte, e que hoxe é un parador nacional. A igrexa, grazas a Deus, segue alí, ofrecendo o que ten que ofrecer: a memoria viva de Deus, de Xesús, dos Santos, dos fieis que con maior ou menos devoción nos achegamos para visitala.
            Eramos un grupo duns dez veciños e veciñas os que unha tarde de outubro, despois de visitar Ferreira de Pantón e o mosteiro cisterciense que alí hai e se mantén aberto e vivo grazas á presenza dunha pequena comunidade cisterciense feminina, nos achegamos ao alto de San Vicente en Monforte. Á ilusión e expectativas que todos podiamos levar dentro, eu sumáballe a de velo coma un lugar monástico, no que, por estar vinculado a Samos, eu pasara algúns momentos, non moitos, da miña mocidade. Subindo pola costa do leste, recordaba as viñas que alí foramos vendimar algúns anos, recordaba ao P. Gaspar, que fora o que casualmente, indo a predicar a Pesqueiras, en Chantada, me levara como postulante ao mosteiro de Samos no outono tamén do ano 1960. Xa no interior da igrexa recordarei tamén os rezos no coro alto, cando de mocetes estreabamos latíns e salmos, e algunhas misas celebradas naquela igrexa que eu recordaba como algo maxestoso, escuro e case lúgubre, pero que agora redescubría como luminosa e chea de vida, quizabes porque a luz do poñente se esforzaba por non deixar sen o seu don a ningún dos recantos do templo.
            Fun facendo algunhas fotos que vos ofrezo, máis que nada coma unha santa tentación que vos leve un día a andar tamén os camiños que os meus pés estaban andando, e a vivir as vosas particulares sensacións vendo o que os meus ollos estaban contemplando. Advírtovos que, aínda que crente, e crente convencido por graza de Deus, son tamén algo crítico con formas e maneiras do pasado e do presente relixioso. Crítico, penso eu, porque o amo, e me gusta velo limpo e atraente. Espero que ninguén se moleste polas miñas impresións, que loxicamente son simplemente miñas.
            A situación do mosteiro é envexable; o pracer de inaugurar cada xornada vendo a paisaxe que se ve ollando a calquera dos catro puntos do val de Lemos, debía soster por si só o ánimo dos monxes que aquí viviron; estar tan preto do ceo e tan afastado da terra debía ser igualmente un pracer para quen así entendía as súas aspiracións relixiosas. Non deixo de encantarme eu tamén contemplando por un lado e polo outro o pobo e a bisbarra de Monforte desde este miradoiro natural. Pero o certo é que me molesta enormemente esta íntima vinculación entre poder temporal e vida monástica que se deduce da conxunción do mosteiro, coa torre da homenaxe do antigo castelo do Conde de Lemos e coa que foi morada tamén do Conde de Lemos e hoxe, para máis inri, herdade da duquesa de Alba.
            Así que, para me curar desta pequena rabia interior, entro na igrexa do mosteiro pola pequena porta sur, pola que tamén entra espelida a luz harmoniosa desta tarde de outono. Foi entón cando, como vos dixen, oínme cantar a min mesmo, no medio daquel grupo de postulantes, ou xa novicios, que foramos facer a vendima e que agora rezabamos Vésperas no coro alto. Foi entón tamén cando vin a igrexa con outros ollos, e funme reconciliando con ela, aínda que mantendo a reserva sobre un par de cousas que non me acababan de compracer. As dimensións da igrexa parécenme algo desproporcionadas; unha soa nave con aquela altura parecíame estar pedindo un par de naves laterais, para descargar nelas a sensación de pesadume que me producía.  Lembrábame, como contraste, do equilibrio de liñas e formas, do equilibrio estético que produce a igrexa do mosteiro de Samos, que tantas veces temos andado pola súa pel de pedra e polo seu íntimo de luz e de soños.
E unha sensación tamén próxima ao desconsolo foi a que me produciu a contemplación do altar dedicado á Virxe de Montserrat, nunha capela aberta no cruceiro norte a xeito de ábsida. Unha decoración barroca tan intensa e recargada, e a escaseza da luz fan que a imaxe da Virxe desapareza da vista do devoto, e deba ser case adiviñada no fondo dun exceso de presencias secundarias. Onde está Santa María, branca ou cobreada, onde está a mamá de Xesús, onde está a muller labrega, onde está a señora dos pobres, onde está a que nos leva da man ao Evanxeo de Xesús, á comunidade de Xesús?
Pero dixen que entraba na igrexa para pacificarme e non para enrabecharme aínda máis. Así que, co permiso calado de Santa María, fun andando o resto da igrexa con devoción, con ganas de quentar os ánimos para o fermoso da vida e da fe. Atopei a imaxe que xa vos ofrecín de Santa Ana, María e o neno Xesús, imaxe que a alguén oín bautizar como “Trindade feminina”. É un encanto. Sen querelo case, sen que me vise ninguén, subinme por un momento, eu tamén, a aqueles colos, e de golpe, xa non eran dous os que gozaban dos colos da avoa, senón tres, e a imaxinación tróuxome ao recordo os rostros de centos de persoas coma min, ás que, en duras circunstancias de aperto, lles dera por facer o mesmo, así que deseguida me baixei do colo, por non abusar.
Alí ao pé estaba tamén o San Brais, o da gorxa ferida e curada, o das roscas polo 3 de febreiro, o da devoción popular que cada ano empuxa aos monfortinos e monfortinas a subiren as costas do castelo para o honrar e curar as gorxas que os sabios da saúde non dan curado. Cousas, das que a miña tía Xosefa dicía que ninguén debía moquearse. Eu non me moqueo, por máis que prefiro o mel das mañás que as roscas de San Brais para previr gripes e catarreiras.
Parei un bo anaco de tempo diante do Cristo cravado do cruceiro sur. Gústame moito contemplar as imaxes destes Cristos de corpo enteiro, totalmente humanizados. Chámame aquí a atención o contraste entre un fondo escuro, ameazante, cargado de tebras e mesmo treboadas, e o corpo luminoso do crucificado, luminoso aínda que morto, aínda que sinalado pola dor cos abundantes fíos de sangue que deitan da cabeza, dos pulsos, do costado ferido, dos pés. Que misterio este de que teña que ser con frecuencia a dor, o esforzo abnegado, o traballo duro, con canto máis amor gratuíto mellor, o que abra camiños, o que alumee as tebras! Unha lección en parábola, quizais, dos tempos que estamos vivindo, para os tempos que estamos vivindo. Uninme por un pouquiño de tempo a Santa María e a San Xoán que séculos levan alí  introducidos en tanta dor e tanta esperanza.
E, que grata sorpresa!, alí enfronte San Bieito, o noso San Bieito! De pé, estático, sereno, con cugula moura orlada de trazos marelos, adiantándose á moderna estética das cores, co báculo de abade e pastor de monxes, e coa regra que os regula e encamiña. O Santo está inserido nun retablo que en relevo policromado reproduce varias escenas da vida de San Bieito que todos os que andamos Samos nalgúns tempos recordamos con pracer. O que en Samos pintores diversos puxeron en mantos de cores sobre as paredes do claustro grande, aquí un tallista para min descoñecido, elaborouno en relevo de madeira con graza e enxeño, non carente de certa inxenuidade. Podemos ver o mosteiro mai de Subiaco, e os doce mosteiros menores que fundou San Bieito, segundo narra o seu biógrafo, o papa Gregorio Magno; podemos ver o Bieito mozo que empeza como eremita o seu percorrido de monxe; podemos ver o Bieito tentado revolvendo o seu corpo en tentación sobre un silveiral agresivo; e máis detalles que o tempo escaso non me permitiu resolver. Iso si, busquei e busquei, e non batín co corvo levando o pan no peteiro para desgusto do crego envexoso. Prometín volver con tempo para debullar cada recantiño deste precioso retablo. Lembrei os meus tempos de monxe. E agradecinos.
E fun collendo, na compaña dos meus veciños e veciñas, cara ao fronte do altar maior. O corpo, o espírito tamén, pediume arredarme un pouco cara a atrás para ter unha visión de conxunto dos diferentes elementos que decoran este retablo de estrutura neoclásica. Sobre todo nos tempos da contrarreforma, nos tempos tamén do barroco e do mesmo neoclásico, os retablos convertíanse en catequeses plásticas para comprensión, aprendizaxe, admiración e oración das persoas devotas que se achegaban aos templos sen demasiadas teorías no corpo, pero cunha sensibilidade especial para ler e captar as mensaxes caladas dos mestres da pedra, da madeira, da pintura, das luces, dos contrastes. Era unha representación teatral, aparentemente estática, que a fe das persoas crentes se encargaba de dinamizar, de convertela en vida para as súas vidas. E, senón, sempre quedaba o simple asombro como unha forma primordial de oración, de adoración.
O retablo pareceume precioso, abundante, mesmo algo excesivo na acumulación de motivos. O corpo central está ocupado pola representación do martirio de San Vicente (“Vincenti dabo”, reza a banda superior, rememorando palabras da Apocalipse), patrón da igrexa; debaixo del e sobre do Sagrario, unha imaxe do Santo Neno Xesús que, polo énfase da decoración que o rodea, case lle rouba protagonismo ao mesmo titular do templo. E na parte superior unha representación de María no misterio da súa Asunción, rodeada en semicírculo por figuras de catro doutores marianos; polos laterais, acomodados como ben poden entre as potentes columnas estriadas que lle enmarcan o conxunto, outros catro doutores escribindo afanosamente, suponse, as riquezas dos misterios que a arte representa. Nas paredes de ambos lados do presbiterio procesións de santos, santas e devotas que contemplan tamén e enriquecen a escena.  Quedáronme ganas de volver tamén e de reparar con calma nos mil e un detalles cos que non por casualidade o autor do retablo foi enchendo de vida e de palabra a súa obra. Volverei.
Fun saíndo para fóra da igrexa, xa pacificado. Viramos cara ao leste para contemplar a fronte inexpresiva da mesma igrexa, e a fachada do mosteiro, digna, comedida, austera, no seu corte clásico, coa súa sinxela pero elegante balconada cara á postura do sol, desde a que despedir serenamente cada día as luces cansas do sol. Arriba o escudo, con coroa filigranada, da Congregación de Valladolid –supoño-, á que quedou vinculado tamén o mosteiro despois da reforma dos Reis Católicos. E máis arriba aínda unha escultura en pedra de San Bieito, algo ruda, á que non lle falta nin a cugula, nin o báculo, nin a Regra dos monxes; mesmo aos seus pés quixen adiviñar, en pequeno vulto de pedra entre herbas, a figura do corvo.
Accedín ao interior do mosteiro subindo pola escalinata. Entrei no que fora noutrora portería do mosteiro, lugar de entrada de devotos e peregrinos. Pero, claro, non atopei monxes, e si refinados personaxes atendendo con elegancia as demandas que se lle quixeran facer. Ollei para unha sala da portería, á dereita, e, sobre duns mesados onde o persoal do parador atendía a clientela, ollei unha pintura do San Xerome, o douto e austero monxe biblista, afeito a conversar do divino cos monxes e que agora se vía na obriga de escoitar os refinamentos de quen buscaba hospedaxe neste parador para xente acomodada. Deume pena. Chisqueille un ollo. Entendeume e apuntou un sorriso, que non alongo por medo a ser descuberto nun papel que non era o seu.
Entramos ao claustro. Mesas e cadeiras cómodas para visitantes que quixesen sentar e pararse a conversar tomando algo que se servía desde un espazo monástico convertido en bar. Ollei para o alxibe. Alí estaba calado, serio, obstinado case, sen lle querer dicir a ninguén a nobre e imprescindible función que desempeñara durante centos de anos, garantindo augas aos monxes que lla agradecían como caída do ceo. Non quixen seguir máis. Estábame poñendo de mal xenio. Alí estaban as escaleiras que baixaban ao pequeno refectorio monástico, hoxe convertido seguramente en non me quero imaxinar qué. Non baixei. Tampouco subín pola nobre escaleira que subía ao piso superior, e negueime a pasear, memorando tempos, polas catro alas do claustro de arriba, sinxelo, devoto, familiar. Terá que estar condenado ao esquecemento paulatino e mortal tanto pasado, tanta vida, tantos soños soñados en pedra naqueles espazos abertos ao ceo e aos horizontes longos?
Saín do mosteiro. Alí estaba de novo a torre do castelo. Torre de seguridade para quen vivía e se defendía no pazo do Conde, pero torre de medo e ameaza para o pobo que se estendía polos chans do arredor. Fixeime nela; pareceume verlle un corte na pedra, coma se fose en parte derrubado e logo reconstruído, cousa moi posible, porque os Irmandiños –aqueles antepasados nosos, xente de a pé, forzada e asoballada, farta de abusos-, cando colleron as armas contra os nobres que os abusaban, nun momento inicial foron quen de conquistar castelos de derrubar torres de homenaxe, pero logo, cando chegaron as de perder, houberon de reconstruír con dor e pranto o que antes esborrallaran entre pracer e foliadas. Téñolle moita devoción aos irmandiños; considéroos uns adiantados dos indignados e indignadas de hoxe. Quizabes, sen violencia polo medio, só o espírito dos Irmandiños nos poderá librar da queima que vivimos.
E xa collemos o camiño de volta cara ás rúas da cidade. A nosa estancia en Monforte ía tocando á súa fin. Pero non quixemos despedirnos da cidade sen, unha vez máis, botarlle unha ollada ao colexio da Compañía, espléndido, onde desde tempos moi vellos, a ciencia quíxose facer irmás da relixión e a relixión da ciencia para buscar camiños novos que levasen a unha sociedade nova, xusta, fraterna. Os mozos e mozas ían e viñan, entraban e saían daquela casa do saber. Ao lonxe a figura do mosteiro, que adiviñei triste, señardosa, morriñenta. Eu tamén o estaba algo. Pero hai que vivir.

Manuel Regal Ledo

NOTA DE EDICIÓN: Recordamos que existe un traductor excelente en el margen derecho de esta página por si alguien desease traducir los textos al español.

13.12.12



Memoria de Samos quere felicitar o Nadal aos seguidores desta páxina, maiormente os exalumnos do Mosteiro de Samos, cunha tarxeta que nos envía o amigo e compañeiro Manolo Regal Ledo desde Candia (Abadín) co regalo dun poema da súa autoría. A tarxeta  "representa unha imaxe da igrexa de San Vicente do Pino, en Monforte, que ata non hai moitos anos foi tamén espazo monástico. Unha felicitación que dedico primeiramente á comunidade monástica de Samos, e tamén,  por suposto, a todas as persoas que nunha época ou noutra, en Samos pasamos parte da nosa vida,enriquecéndonos, capacitándonos de moitas maneiras para andar os camiños da vida que logo cada un de nós houbo de afrontar responsablemente" (Manuel Regal Ledo)

28.6.12

TORRE DO RELOXO E CLAUSTRO DE FEIXÓO

Esta imaxe, que encabeza o blog desde hai dous meses é da autoría do compañeiro Celso Penedo Pérez, natural de Puga (Toén) e con residencia en Cabral (Vigo). Na súa época de colexial no mosteiro de Samos, aínda adolescente, pintaba este debuxo minucioso retratando un dos laterais do claustro do P. Feixóo e os limitados horizontes que comprimen o val de Samos. Na última reunión que tivemos en Ribadavia tróuxoo como un elemento máis dese recordo que paulatinamente imos reconstruíndo do noso paso polos muros claustrais de Samos. Á vista do debuxo, xulgamos que era merecente que todos o  puidésemos compartir. E velaquí está.

9.5.11

¿QUÉ JUEZ TE HA TOCADO?

El artículo 1 de la Ley Orgánica del Poder Judicial (Ley 6/1985, de 1 de julio) proclama que la Justicia emana del pueblo y se administra en nombre del Rey por jueces y magistrados integrantes del Poder Judicial, independientes, inamovibles, responsables y sometidos únicamente a la Constitución y al imperio de la ley.
Este artículo reproduce íntegramente el contenido del artículo 117.1 de la vigente Constitución Española. Es decir, que estamos ante una norma suprema no sujeta a ninguna otra norma o disposición, y que marca un principio de especial trascendencia en el desarrollo de lo que se entiende por Administración de Justicia en España.
Sin embargo ya nadie se ruboriza y, lo que es peor, se acepta, como normal, que un juez sea de derechas y otro de izquierdas. Que un juez sea nombrado por un partido político y otro lo sea a instancia de no se sabe muy bien qué tipo de interés. Y es aún más grave que en la instancia que se considera más independiente, más inamovible y más responsable, como es el Tribunal Supremo, muchos de sus magistrados lleven en su frente las siglas del partido que les ha propuesto o les ha elevado a tan digna categoría. Y ya resulta intolerable que alguno de esos jueces no oculte ese barniz sectario que les sitúa como sospechosos de “no ser independientes, inamovibles y responsables” De ahí que la frase con la que encabezamos este trabajo sea esa ¿qué juez te ha tocado? Terrible, inaudito, peligroso, inaceptable para una sociedad, que cree que vive en un Estado de Derecho, acepte este tipo de preguntas, y que esa pregunta ya se haya convertido en algo normal con lo que se convive. Alguien tiene que parar este “desajuste conceptual” y ¿real?
Quizás por eso, y porque la mayoría de los jueces (empleo este término como “genérico) sí son independientes, inamovibles y responsables y, en muchos casos, ponderados y técnicamente bien preparados es por lo que aún queda ese resquicio de esperanza que nos permite examinar una de las sentencias que más polémica está creando. Me refiero a la reciente sentencia del Tribunal Supremo, en la que ha sido ponente una magistrada (el nombre es lo de menos), y en la que, para acabar con la jurisprudencia menor contradictoria, emanada de las distintas Audiencia Provinciales, se establece que el pago de las cuotas de la hipoteca contratada por ambos cónyuges para adquirir la vivienda familiar constituye una deuda de la sociedad de gananciales y no una carga del matrimonio, por lo que en caso de divorcio deberán ser abonadas por mitad entre éstos, mientras no se haya procedido a la liquidación de la sociedad de gananciales.
El Tribunal Supremo estima el recurso de un varón que impugnó una sentencia de la Audiencia Provincial de Valencia, que acordaba que, teniendo en cuenta los ingresos de cada uno de los progenitores, éste tenía que pagar el 80% y la mujer el 20%.
La sentencia, que crea jurisprudencia, ha sido acogida de forma bien diferente, según la asociación o colectivo que la interprete. Y se dice que “si se aplica la igualdad en dos personas desiguales, se aumenta la desigualdad”. Pero el fundamento principal de la sentencia no se basa en principios y supuestos que están fuera de su alcance. Y ya advierte que la “hipoteca es una deuda de la sociedad”. Y como tal deuda de una sociedad no puede ser asimilable a otros conceptos extraños y que nada tienen que ver con el tratamiento que ha de dársele a cualquier deuda de cualquier sociedad. ¿O es que cuando dos socios o dos copropietarios se separan y disuelven su sociedad, las cargas de la misma se reparten de forma desigual en atención a la capacidad económica de cada socio o copropietario?
La sentencia la ha elaborado una magistrada y la ha dictado el Tribunal Supremo. Y como tal sentencia emanada de tan Alto Tribunal debe ser acatada, respetada y ejecutada. Ello no impide que sea criticada, pero ahuyentando cualquier comentario, duda o sospecha en la que subyazca la pregunta ¿y a ti qué juez te ha tocado? Porque si esa pregunta se repite y se constata en exceso, de nada vale proclamar que estamos ante un Estado de Derecho, porque más bien tendríamos que decir que estamos ante un Derecho del Estado. Y eso, ni el Estado ni los que ejercemos y aplicamos el Derecho debemos consentirlo.
RICARDO MARTÍNEZ BARROS (Artículo publicado en la revista "Entre Mayores", abril de 2011)

23.3.11

CLÁUSULAS ABUSIVAS EN LOS CONTRATOS

La sensación de abuso que tiene la sociedad civil respecto a los poderes que ostentan la capacidad de decidir y tutelar las relaciones entre los ciudadanos es potencialmente más acusada en sectores de población que utilizan precisamente a esos poderes para dirimir sus discordias. Parece como si un enrocado masoquismo quisiera alimentar esta persistente sospecha.
No somos capaces de hacer un análisis de lo que está pasando, y es la propia realidad cotidiana la que va configurando un ambiente tenso que se acumula día a día, porque estamos dejando que el colectivo, la firma, la “nada virtual” determine nuestra forma de vida.
En este contexto de incomprensión y sobresalto nos acercamos hoy al contenido de una reciente Sentencia del Tribunal Supremo (num. 401/2010) que declara nulas siete cláusulas de las Pólizas de Seguros de las Compañías Allianz, Caser y MAPFRE
Y estas siete cláusulas declaradas nulas son:
1) la que exige al asegurado que entregue su ejemplar de póliza para poder tramitar el pago de indemnización en caso de siniestro o contingencia contemplada en la misma.
2) La de omitir el método de calculo del “valor de rescate” del seguro.

3) La de omitir el calculo de revalorización del capital.

4) La falta de definición del llamado “interés técnico garantizado”.

5) La falta de información sobre modificaciones de la tarifa de siniestralidad en el seguro de automóviles (sistema bonus-malus).

6) Falta de información sobre el limite de la cobertura del seguro de defensa jurídica.

7) La que permite a la aseguradora resolver el contrato cada ver que se produzca un siniestro.
Y en aplicación de lo dispuesto en el art. 221. 1 de la Ley de Enjuiciamiento Civil, esta declaración de nulidad decretada por el Tribunal Supremo beneficia a todos los demás consumidores y usuarios de otras pólizas de seguros contratadas con otras compañías diferentes a las que arriba se señala.
En nuestro anterior artículo hacíamos referencia a una valiente resolución judicial que amparaba la debilidad del deudor hipotecario que además de quedarse sin casa, debía satisfacer el resto de la deuda con los otros bienes de que dispusiese. Pero esa resolución se decía que era “contra legem” y, por lo tanto, estaba abocada al fracaso. Y por eso, a los pocos días otro Tribunal se pronunció en sentido contrario. Esto causa inseguridad y también nos alerta sobre la necesidad de establecer con carácter inmediato instrumentos más eficaces contra los abusos que de forma sibilina se están deslizando por toda la red de disposiciones y normas que rigen esta sociedad tan compleja. El Poder Legislativo no es más que “un pelele” en manos del Poder Ejecutivo. Y el Poder Ejecutivo puede ser Muamar Gadafi o los grandes multinacionales o los Hermanos de Satanás. Y el Poder Judicial tiene que aplicar las leyes que establezca el primero.
Menos mal que, en esa labor encomiable a la que están dedicados la mayoría de los jueces, nos hace vislumbrar la esperanza de que frente a los abusos de los poderosos siempre podremos acudir a que se imparte Justicia. Y la Justicia, según interpretación aristotélica, debe entenderse como la igualdad entre los iguales y la desigualdad entre los desiguales. Y cuando los hombres se aman unos a los otros no es necesaria la justicia. Pero quizás estemos atravesando unos graves momentos de desamor.
RICARDO MARTINEZ BARROS (Artículo publicado en la revista "Entre Mayores", febrero 2011).

7.2.11

LOS BANCOS: LUCHA ENTRE LO JUSTO Y LO LEGAL

Estamos asistiendo a un estallido social que viene provocado por la estulticia y provocación de unos elementos que se han erigido en conductores arbitrarios y líderes artificiales de unos proyectos que sólo atienden a los intereses nauseabundos de unas clases que han llegado al paroxismo de despreciar y odiar a la masa, como despreciaban y odiaban Maria Antonieta y Luis XVI, los reyes de Francia, a la plebe que le servía y pagaba sus impuestos. Aquella mujer frívola y voluble, de gustos caros, y rodeada de una aristocracia pestilente, ejerció una fuerte influencia política sobre su marido, ignoró la miseria del pueblo y fue la mecha que encendió la Revolución Francesa. Lo de Túnez, Egipto…no es más que la repetición histórica de los mismos personajes, pero con distintos nombres y en distintos lugares. El ser humano repite los mismos errores porque olvida muy a menudo las experiencias del pasado.

No cabe duda de que lo que están haciendo los ciudadanos de Túnez, Egipto.. no es conforme a Derecho. Podríamos decir que es una conducta “contra legem” Pero ¿alguien podría afirmar que esa conducta es injusta? La ley, en palabras del profesor García de Enterría, como “norma cuya fuerza permite prevalecer sobre los demás mandatos existentes en el Estado” ¿acaso no es la expresión de la voluntad general de un pueblo? Pero ¿qué pasa cuando esa norma no es reflejo o va contra esa voluntad general del pueblo…? Pues, sencillamente aparece el conflicto, la reacción, el estallido, la desobediencia, el caos, el desorden, la revolución…

No están los tiempos para disertar sobre contenidos o teorías alambicadas. No hace muchos días la Unión Europea aprobaba Las Nuevas Reglas del Sistema Financiero, bajo el eufemismo de “ Basilea III”. Se pretendía con ello mejorar los ratios de capital de las entidades financieras al alza para evitar crisis financieras como las que actualmente sufrimos. Pero esta regulación no elimina las dudas sobre solvencia, porque si la morosidad llegase, por ejemplo, al 13% el sistema financiero se derrumbaría como un castillo de naipes a la menor sacudida.

Desde hace unos meses la Justicia española, atendiendo quizás a criterios de lucha contra el ejercicio antisocial del derecho o abuso del mismo, han dictado una serie de resoluciones que han merecido las portadas de todos los medios de comunicación. Y la última es la Auto de 17 de diciembre de 2010, de la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Navarra que confirma otro anterior del Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción de Estella “por el que se decide que el Banco no puede seguir adelante con el procedimiento de ejecución contra un particular para reclamar el resto de la deuda, una vez que aquél ya se adjudicó la casa hipotecada”.

Unos meses antes (18 de mayo de 2010) la Audiencia Provincial de las Islas Baleares, condenó a un banco a indemnizar a una cliente por “los daños morales producidos al cancelar unas tarjetas de crédito anticipadamente y sin el previo aviso pactado para el vencimiento”

Se dice por parte de los bancos que esas resoluciones lesionan el derecho fundamental a la tutela judicial efectiva que consagra el art. 24 de vigente Constitución, y que las mismas “no tienen como base el ordenamiento jurídico, sino una valoración moral subjetiva de los Tribunales…, pues de seguir adelante con estas interpretaciones judiciales habría que derogar muchos preceptos legales, como los arts. 579 y 581 de la Ley d Enjuiciamiento civil”. Cierto. Es cierto lo que se afirma bajo estos postulados. Pero también es cierto que “cuando las leyes no son expresión de la voluntad general de los ciudadanos”, y las mismas “ se ejercen forzando un uso inadecuado o con una interpretación antisocial y desenfocada en el tiempo” no sólo es razonable que se produzca una rebelión contra este estado de cosas, sino que es exigible que se atienda de inmediato a acomodar lo que es justo con lo que es legal. El Código civil en su art. 3 señala que “las normas se interpretarán según la realidad social del tiempo en que van a ser aplicadas, atendiendo fundamentalmente al espíritu y finalidad de aquellas”. Y el art. 7,2 del mismo Texto sustantivo dice “La Ley no ampara el abuso del derecho o el ejercicio antisocial del mismo”

A los bancos se les exige un cuidado especial en sus funciones (arts. 255 y 307 del Código de comercio). Y, claro está, en la situación actual, con un marcado abuso de sus funciones y amparados en unos privilegios anacrónicos, es recomendable que se haga una revisión de sus postulados y se arbitren medidas legales más adecuadas a la voluntad general de esa sociedad a la que Maria Antonieta odiaba y despreciaba. Mientras tanto a los afectados se les recomienda que consulten a su abogado y ejerzan los derechos bajo la tutela de los Tribunales.
RICARDO MARTINEZ BARROS

(Artículo para la revista Entre Mayores, enero 2011)

10.1.11

VULNERAR LA INTIMIDAD INFORMÁTICA

El pasado día 23 de diciembre (23 D) entró en vigor la enésima modificación del Código Penal español. Curiosamente en este pequeño pueblo distribuido en barrios, que es España, siempre ocurren cosas interesantes en los días 23 de cada mes.

El vigente Código Penal, después de la reforma que contempla la L.O. 5/2010, de 22 de junio y que ha entrado en vigor el día 23 de diciembre de 2010, adolece de los mismos vicios y defectos que ya venían arrastrando todas las reformas legislativas (más de 20) articuladas desde 1995, y que en un futuro seguirán reproduciéndose si no se cambia el sistema y procedimientos para la elaboración de este tipo de leyes que apenas cuenta en su redacción con la aportación de los distintos sectores implicados en la materia (jueces, abogados, procuradores, profesores universitarios y colectivos afectados…). Pero las “reglas de juego” están ya dispuestas sobre la mesa y a ellas debemos atenernos si no queremos sobrevivir fuera del sistema.

Entre las novedades que hoy quiero destacar, considero de especial importancia la llamada criminalidad informática. Hasta el punto de que “… el que acceda sin autorización a datos o programas informáticos contenidos en un sistema informático…o se mantenga dentro del mismo en contra de la voluntad de quien tenga el legítimo derecho a excluirlo, será castigado con penas de prisión que van desde 6 meses a 2 años”
(art. 197.3 del CP)

Pero si esos datos así obtenidos “…se difunden, revelan o ceden a terceros, la pena impuesta será de 2 á 5 años de prisión” (art. 197,4 del CP)

Y “…si los hechos se realizan con fines lucrativos y afectan a datos de carácter personal que revelan ideología, religión, creencias, salud, origen racial o sexual … las penas serán de 4 a 7 años de prisión” (art. 197,7 del CP).

Es decir, que la invasión de la intimidad informática, o lo que algunos autores han llamado el “ciberallanamiento”, tiene un castigo más duro que el propio “allanamiento de morada” (art. 202.1 del CP). Y si la invasión de la intimidad informática se lleva a cabo con la intención de difundir, revelar o ceder esa información (documentos, imágenes, archivos..) a terceros, las penas se duplican. Y si además afecta a datos sobre ideología, religión, vida sexual…las penas de prisión se triplican, pudiendo alcanzar los siete años de privación de libertad, casi el doble de lo que puede imponérsela al que fuerce a un menor a prostituirse.

Si esas conductas, a las que aludíamos anteriormente, fuesen realizadas por autoridad o funcionario público, las penas podrían agravarse, aplicándolas en su mitad superior y la inhabilitación absoluta por tiempo de seis a doce años (art. 198 CP)

No queremos ser críticos con estas modificaciones operadas en el nuevo Código penal, Antes bien, consideramos que el legislador se ha hecho eco, en este apartado, de las necesidades que demanda una sociedad que está sujeta a un sistema de comunicación y conocimientos que debe estar muy protegido. Y, por lo tanto, tipifica y señala penas muy duras para los que vulneren esa intimidad informática.

Los llamados white hat hackers (“hackers de sombrero blanco”) dedicados a poner en evidencia defectos en la seguridad de los sistemas y a “labrarse” una “figura” en el mundillo de la informática, ya no podrán “cacarear” sus hazañas sin poner en peligro su impunidad, y lo mismo les puede pasar a aquellos que “interrumpen los servicios informativos” o los que, a través de canales de IRC (chat) o IM (mensajeria instantánea tipo Messenger), captaban menores (actos preparatorios) para la comisión de un posterior delito contra la libertad sexual (lo que se conoce como el child grooming, art. 183 bis del CP)

Curiosamente, la definición de “hacking” que daba el fundador de Facebook, Mark Zuckenberg, posiblemente pueda estar incurriendo en algún tipo penal, de acuerdo con las modificaciones operadas en el nuevo texto punitivo

Nos queda ahora esperar a ver cuáles son los resultados que estas reformas proporcionan en la realidad cotidiana. Y es a los jueces a los que toca interpretar la partitura para que, al final, la melodía armonice bien con las necesidades sociales. Y para ello sólo hay una receta: Que se haga Justicia

RICARDO MARTÍNEZ BARROS

(Artículo para la revista Entre Mayores de diciembre de 2010)

22.12.10

PAZ E BEN: TEMPO DE NADAL

Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Este ano felicitamos o Nadal coa calorosa salutación que Manolo Regal me envía para participar con ela no blog. Velaquí:
Cun desexo ben fondo de paz e de ben, afincado no amor grande de Deus que sempre está de visita, feliz Nadal, feliz ano novo. Unha aperta ben agarimosa. Mándovos este soneto de Ramón Cabanillas como emisario da paz que vos desexo. Desde a páxina "Memoria de Samos", para que sirva de felicitación á comunidade de Samos, e aos amigos e compañeiros todos. Grazas.
PAZ

É a man da paz a santa man que enxoita
bágoas do dor e sangue da ferida,
reconforto da alma esmorecida
polos estragos da mundana loita.

É a man da paz a santa man recoita
que acolle a ovella no breñal perdida
e pondo os lobos irtos en fuxida
verte a mel do consolo encol da coita.

Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira
da que fixo ó silenzo xardineiro
coa soedade por guión e freira.

E a chantou, con acerto milagreiro,
na terra máis doada e criadeira:
o recatado craustro do mosteiro.
RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ, Samos, 1958
Para acompañar este soneto escollín a fermosa imaxe dun dos caquis do claustro co seu froito case maduro. Varios peregrinos creron que era unha orixinal árbore de Nadal cunhas moi orixinais boliñas de adorno.

8.12.10

EL ALZHEIMER Y LOS TESTAMENTOS ( y II)

El Colegio de Notarios de Catalunya recomendaba, hace muy pocos días, que aquellas personas de mediana edad y aquellos enfermos a los que se les diagnosticaba la enfermedad de Alzheimer deberían otorgar y firmar los documentos relativos a su futuro, entre ellos el poder general preventivo, el testamento, el documentos de enfermedades anticipadas (como con los relativos al tipo de tratamientos médicos y sanitarios en caso de enfermedad Terminal), y la autotutela.

Vivimos en el entorno de una sociedad a la que se le han capado los valores que la definieron durante siglos y para la que el futuro sólo tiene interés si permite seguir disfrutando del presente. Por eso las advertencias que se hacen para prevenir estados que pueden afectar gravemente al sujeto y a su entorno, se someten al filtro de la indiferencia, a no ser que el problema ya esté desarrollando sus efectos.

La enfermedad de Alzheimer es una demencia progresiva que fue diagnosticada por primera vez entre los años 1901 y 1906, a raíz de la historia clínica de la paciente alemana Augusta Deter que en noviembre de 1901 ingresa en el Hospital de Enfermedades Mentales de Frankfurt y cinco años más tarde, también en el mes de noviembre, de 1906, permite que el Dr. Alos Alzheimer presente sus observaciones anatomoclínicas que inician el largo proceso de estudio de esta enfermedad para la que aún no se ha encontrado una solución médica previsible. Sin embargo se ha avanzado mucho en el desarrollo de instrumentos, como el CAMDEX, o en la elaboración de los signos de alarma que difunde la Alzheimer´s Association de los Estados Unidos, y que sirven para detectar los primeros síntomas de esta enfermedad.

En el plano jurídico una persona “alzheimica” puede perfectamente otorgar un testamento o cualquier otro documento, en tanto en cuanto “su incapacidad no haya sido previamente declarada”, o el propio notario otorgante de la escritura aprecie su incapacidad. Pero, incluso, si en el momento de otorgar testamento o cualquier otro documento, no está declarada esa incapacidad ni el notario otorgante la aprecia, el documento sería válido, a no ser que con posterioridad se pruebe “con especial rigurosidad” (dice la Sentencia del Tribunal Supremo de fecha 14 de febrero de 2006) la situación de la incapacidad real del otorgante.

Es evidente, pues, que cobran especial significación los informes médicos y demás pruebas (de cualquier tipo) que se hayan podido practicar durante la enfermedad de Alzheimer a la hora de invalidar en un futuro aquellas disposiciones (testamentos, poderes, actos de cesión y transmisión de derechos…) que haya podido otorgar el enfermo, porque, mientras no se pruebe esa circunstancia, la validez de todas esas disposiciones tienen la presunción “iuris tantum” de capacidad del otorgante. Consecuentemente, toda disposición testamentaria, y cualquier otra, hecha antes de que se produzca esa incapacidad, es válida (art. 664 del Código civil)

Sabedores de todas estas circunstancias hay determinados personajes que, aprovechándose de la situación degenerativa mental que padece el enfermo de Alzheimer, le ofrecen su “ayuda incondicional” y se prestan a atenderlos, ofreciéndoles sus cuidados que, en la mayoría de los casos, pasa por convencerlos para llevarlos a su propia casa ( la de los “benefactores”). Esto permite que las visitas y atenciones médicas de los enfermos sean controladas por esos falsos “samaritanos”, y de esa forma quedan pocos rastros (pruebas) sobre las atrofias cerebrales y su grado de intensidad que padecen dichos afectados.

Los efectos perniciosos de estas inconfesables conductas es la desaparición de patrimonios, de derechos y acciones que debiendo ir a parar a los verdaderos herederos o destinatarios por ley, sin embargo acaban en las “garras” de auténticos indeseables que no tienen escrúpulo ninguno a la hora de maniobrar bajo los principios aparentes de la “buena fe” y apariencia de buen derecho que, en principio, siempre se presumen.

Es importante alertar contra estas prácticas y los Colegios de Notarios y la propia Administración de Justicia han de velar con especial esmero la persecución de estas conductas. Y no es necesario que se conculquen elementales principios de derecho. Basta una aplicación más rigurosa de los mismos, en tanto en cuanto no se alienta una modificación legislativa en esta materia Y ahora, mientras tanto, no está de más acudir al abogado para prevenir complejas situaciones futuras, porque en la abogacía preventiva se puede encontrar la solución que más tarde, a veces, y aunque uno vaya “con la ley en la mano”, ya resulta imposible el conseguir. Simplemente es un consejo.

RICARDO MARTÍNEZ BARROS

3.12.10

EL ALZHEIMER Y LOS TESTAMENTOS (I)

Ayer recibía en mi consulta a un matrimonio que se había desplazado desde otra Comunidad autónoma para exponer su caso y recibir los consejos profesionales sobre el problema que les afectaba, y que no era otro que el derivado del contenido del testamento otorgado por un familiar que padecía de la enfermedad de Alzheimer y en el que ellos no resultaban especialmente favorecidos.

Entiendo yo que ese desplazamiento desde tantos kilómetros de distancia se debía a la necesidad de ahuyentar cualquier atisbo de sospecha frente al entorno del causante, o tal vez porque al existir un único notario y médico en el pueblo se temía que hubiese una intoxicación inoculada por la testadora. Haciendo abstracción de cuáles fueren los motivos, el caso a consultar estaba servido y venían con la clara intención de denunciar al notario otorgante del testamento aportando infinidad de informes médicos sobre la presunta enfermedad de la fallecida al momento de redactar y firmar el documento que contenía los actos de última voluntad.

Algunos Colegios de Notarios de diferentes Comunidades Autónomas vienen aconsejando a los enfermos de Alzheimer que sean previsores a la hora de redactar los documentos relativos a sus últimas voluntades, con el fin de evitar posteriores conflictos que pueden incluso provocar la nulidad de los testamentos y otros documentos otorgados bajo los efectos de esa enfermedad.

La capacidad de una persona, aunque esté pronosticada de enfermedad de Alzheimer, se presume siempre, y quien la niega ha de acreditar cumplidamente su ausencia en el momento de prestar el consentimiento (Sentencia del Tribunal Supremo de 14 de febrero de 2006). Una persona puede estar pronosticada de la enfermedad de Alzheimer y no haber sido declarada incapaz. Por su parte el Notario no tiene por qué entrar en valoraciones médicas y al otorgar el documento público es el momento en el que tiene que comprobar (con la diligencia debida) si aparentemente el que va a suscribir ese documento está con las facultades plenas para tal acto. De ahí que resulte bastante difícil que prosperen actuaciones judiciales que vayan dirigidas contra el Notario, “…pues en cuestiones de capacidad de una persona, todas las dudas han de solucionarse en favor de la capacidad, bajo la presunción iuris tantum que, sin embargo, admite prueba en contrario” (Sentencia del Tribunal Supremo de 29 de marzo de 2004).

Sin embargo en la consulta que se nos hacía y con las pruebas que nos entregaron parece deducirse que la persona que otorgó el testamento tenía viciada su salud mental y, por lo tanto, no estaba en el dominio de sus facultades ni era consciente de lo que hacía. Pero no por eso, insisto, deben cargarse las culpas en el notario otorgante de ese documento, porque su actuación no está acreditado que fuese incorrecta. Lo cual no impide el aconsejar que, a la vista de esas pruebas contundentes y ante la falta de una declaración previa de incapacidad, debe promoverse acción judicial de nulidad de testamento otorgado con vicios de consentimiento, y que tiene todos los visos de prosperar si se confirma en fase judicial que de la valoración conjunta de la prueba dicho consentimiento estaba viciado.

Las dificultades para poder diagnosticar cuándo una persona cruza el umbral de la capacidad-incapacidad se nos antoja como un escollo que ha de ser superado a través de los métodos e instrumentos actuales que nos proporciona la medicina. Precisamente, para poder tener una visión global del deterioro mental de una persona, se ha creado un instrumento médico denominado CAMDEX (The Cambridge Mental Disorders of the Elderly Examination) que pretende dar una visión globalizadora de los trastornos demenciales a) diagnosticando las demencias mediante el uso de criterios clínicos operativos y estandarizados b) valorando la intensidad del deterioro cognoscitivo y c) registrando la conducta y adaptación de los pacientes independientemente del diagnostico y del deterioro cognoscitivo.

Al ser esta una materia de especial interés y con unas consecuencias importantes de cara al desarrollo de conductas de personas que tienen necesidad de suscribir documentos y controlar las decisiones futuras, vamos a dedicar otro capítulo más a este tema, y que será en la próxima publicación mensual.

RICARDO MARTÍNEZ BARROS

23.11.10

AS COLABORACIÓNS DO P. MAXIMINO ARIAS NA REVISTA "LOGOS"

Na imaxe, de pé Manuel Regal Ledo; sentados, D. Benito Sevilla, alcalde de Llamas de la Ribera; o P. José Luis Vélez, prior de Samos e D. Julio Gallego, alcalde de Samos.
Ofrecémosvos aquí a interesantísima intervención do amigo e compañeiro Manuel Regal Ledo no acto de homenaxe ao P. Maximino Arias do pasado día 20 de novembro no Mosteiro de Samos. O seu relatorio versou sobre as colaboracións do P. Maximino na revista Logos. Hoxe presentámosvos o texto en galego, como foi redactado. No acto, a intervención fora presentada en castelán en atención aos moitos familiares e amigos leoneses do P. Maximino.
Un día, por casualidade, pasando páxinas na reedición da revista “Logos”, publicada pola editorial “Sotelo Blanco” no ano 1983, atopei, sorprendido, varias colaboracións do P. Maximino Arias e do P. Victoriano González nesa revista, pertencentes a diferentes números da mesma entre os anos 1931-1936, que foron os anos durante os cales esa revista foi editada. Pois ben, quero compartir con todos vostedes algo ao redor deste “descubrimento”, parándome sobre todo no que se refire ás colaboracións do P. Maximino, deixando para outro momento, en todo caso, as referencias ás colaboracións do P. Victoriano.

Realidade e significado da revista “Logos”
Só dúas palabras sobre esta revista, que nos poden axudar a entender o significado da colaboración do P. Maximino nas súas páxinas. Quen queira ler unha breve, pero detallada descrición do que foi a revista “Logos” nos tempos previos á súa aparición e nos anos 31-36 que durou a súa edición, pode ler as páxinas VII-XV do primeiro dos dous tomos nos que Sotelo Blanco reedita os 49 números da revista. Esta descrición foi escrita no 1983 por Xosé Filgueira Valverde, que sendo mozo, fora un dos creadores da revista. Con el destacamos algúns aspectos básicos:

“Logos” foi unha revista nacida nun contexto histórico en Galicia moi particular. Unha Galicia eminentemente rural, que cunha loita agraria múltiple e sostida con afán durante anos e anos, se estaba liberando das redes dun feudalismo que a afogaban. Ter “Terra de seu”, “casa de seu”, “fala de seu”, foi unha aspiración que prendeu en boa parte da sociedade galega. O movemento agrarista, As “Irmandades da Fala”, a Xeracións Nós, o Seminario de Estudos Galegos foron algúns dos importantes instrumentos que canalizaron e promoveron estes ideais.
Neste contexto un grupo de leigos, de laicos galegos elabora a desenvolve o proxecto da edición dunha revista que servise de espazo de expresión de cantos traballaban nos eidos do espírito”. A idea primeira foi de Antón Losada Diéguez, a quen Filgueira Valverde describe como “mestre exemplar, filósofo de circia (recia) formación, home de fondo e sincero espírito relixioso”. Morre no ano 1929, un ano antes de que se editase o primeiro número da revista, pero Antón Iglesias Alvarelle un eminente humanista cristián, dotado dunha sensibilidade artística, musical, relixiosa excepcional, foi o continuador da idea.

O nome da revista, “Logos”, foi idea do famosísimo filósofo e teólogo compostelán, o Dr. Anxo Amor Ruibal, que escolleu ese título, porque a palabra “Logos” “a un tempo evocaba unha perenne e universal idea filosófica, un dogma axial do cristianismo e a exaltación da verba, da “palabra nosa” na lingua propia do pobo”. Sen embargo, aínda que Amor Ruibal dera o nome da revista e prometía ser un firme colaborador dela, tamén morre por aquelas datas, e o primeiro número da revista recolle unha nota necrolóxica sobre el.
A portada da revista foi ideada, debuxada por Alfonso Rodríguez Castelao; sinxela, expresiva, un debuxo do profeta Daniel, cun sorriso, integrante, como ben saben, do conxunto románico do Pórtico da Gloria en Santiago. Retrata moi ben o ton de leda esperanza que animaba a aqueles crentes galegos que botaban a andar a idea. O pe da páxina indica claramente cales habían ser os contidos da revista: todo tería que ver coa “cultura relixiosa”. Os temas foron sempre variados, pero animados pola pretensión de enriquecer a experiencia relixiosa cristiá daqueles tempos con estes elementos: respecto polas tradicións relixiosas do pobo cristián galego, busca dunha identidade relixiosa nun medio ás veces agresivo ante o relixioso e as súas incidencias no medio social, enriquecemento e renovación da experiencia relixiosa, tanto a nivel intelectual, como a nivel litúrxico, para iso “Logos” estivo en contacto con correntes de pensamento teolóxico e litúrxico que se estaban desenvolvendo en Alemania, en Francia. Os aspectos máis orixinais da revista foron: que se editase completamente en galego, e que promovese unha introducción do galego na práctica relixiosa cristián, na litúrxica e na non litúrxica, privada ou grupal.

A revista era de tirada mensual, e como tal se editou durante o ano 1931-1932, aínda que os números 28-29 deste segundo ano, correspondentes aos meses de abril-maio, apareceron nun único volume. Houbo dificultades económicas para a súa edición, e en consecuencia, no ano 1934 os números 38-41, correspondentes aos meses de marzo-maio, edítanse nun só volume, e a edición suspéndese entre agosto e decembro do ano 1934. No ano 1935 só se editan catro números, asume, polo tanto, un ritmo trimestral, e no ano 1936 empeza editándose a ritmo bimensual; pero só saen xa dous números, o 48 de xaneiro e febreiro, e o 49 de marzo-abril; logo pasou o que todos xa sabemos.

“Logos”, como deixamos dito, foi creado e dirixido por laicos, pero nel colaboraron laicos e non laicos, cregos, relixiosos de diferentes ordes. Xogaron un papel moi especial os sabios sacerdotes Pedret Casado, A. Gómez Ledo, Ramón María Aller, Fernando Quiroga Palacios, logo arcebispo compostelán; e os frades Mercedarios de Poio: Guillermo Vázquez, historiador, Gumersindo Placer, P. Miguélez, musico, Emilio Silva, teólogo, Santiago Crespo, xenealoxista e filólogo, Xosé Vallejo, musicólogo. O mesmo se pode dicir dos Franciscanos de Santiago: Atanasio López, o P. Aldegunde, e Lino Gómez Canedo... E a esta lista houbo que sumar os nomes do Abade de Samos, Mauro Gómez Pereira, non coma escritor, pero si coma animador, e a dos monxes de Samos Maximino Arias e Victoriano González.


A colaboración de Samos na revista “Logos”
Creo que hai que falar primeiro da colaboración de Samos, do mosteiro de Samos, da comunidade de monxes de Samos en conxunto, antes de falar da colaboración particular do P. Maximino e da do P. Victoriano na revista “Logos”, porque considero que estas colaboracións concretas foron froito dunha vontade de colaboración coa revista encabezada polo abade Mauro Gómez Pereira. O que non dei sabido foi ata que punto a decisión do Abade Mauro fora unha decisión discernida e asumida a nivel comunitario.
Nunha nota final do número 23 de “Logos”, correspondente ao mes de novembro do ano 1932 –xa “Logos” tiña case dous anos de vida--, aparece a seguinte información, que recollo literalmente:
“Temos recibido do Rdo. P. D. Mauro Gómez Pereira, Abade mitrado de Samos, unha afervoada adhesión na que nos di: “que alaba y bendice la revista LOGOS y recomienda su lectura a todos cuantos deseen vivir la vida de la Iglesia y sientan amor por nuestras glorias” e nos anuncia ao mesmo tempo que dende este intre colaborarán n-ela os benedictinos de aquela Abadía.
Non imos decir eiquí có agradecemento e ledicia que recibimos istas verbas; agradecemento, por coidar que a súa benzón ten de nos dar azos pra con máis pulo aínda, loitar contra a frivolidade e revoltas do tempo actual, e con ledicia, por estimar nós, que a colaborción dos P.P. Bieitos non somentes é boa senón imprescindible no rexurdimento da vida tradizoal na nosa Terra, e máis ainda, na restauración da liturxia na Eirexa galega.”

Nótese esta dobre apreciación final, que indica dous dos obxectivos básicos da revista: o rexurdimento da vida tradizoal na nosa Terra, e a restauración da liturxia na Eirexa galega.

Tres anos máis tarde, no número 46 de revista, que corresponde aos meses de xullo-setembro do ano 1935, aparece outra nota na última páxina, que fala das relacións da Samos coa revista. Ofrece a noticia da presenza en Samos da mesa de redacción da revista “Logos”. Transcribímola literalmente:

“Con motivo da festa de San Bieito a redacción de “Logos” orgaizou dende Pontevedra un viaxe á histórica abadía de Samos, lumieira da vida relixiosa do noso pobo dende os tempos da reconquista e seguro berce da renovación litúrxica de Galicia nos nosos días.
Participaron nesa viaxe o Comendador do convento de Poyo, P. Delgado Capeáns, o P. Crespo e os Srs. Iglesias Vilarelle, García Vidal, Filgueira Valverde e Filgueira González. Recibidos como hospédes no mosteiro ca vella caridade e co proverbial agarimo dos monxes bieitos, asistiron no coro ás horas litúrxicas e á misa de Pontifical celebrada pol-o Aabade Dom Mauro García (sic) Pereira coa asistencia do Sr. Bispo de Lugo, Dr. Balanzá. A visita dou motivo pra iniciárense unhas conversas en do movemento liturxista na nosa terra, conversas que axiña ollaremos traducidas en vizosos feitos.”

Está claro o que desde “Logos” se esperaba de Samos: unha sabia colaboración teórica e unha verificación práctica na procura dunha renovación litúrxica que se estaba empezando a dar en todo o universo católico, e na que os mosteiros benedictinos xogarían un papel de considerable importancia.
Sobre estes movementos nada nos conta o P. Maximino Arias na súa “Historia del Monasterio de San Julián de Samos”. Posiblemente considerase estes feitos como detalles non significativos para a historia do mosteiro. Non sei.

As colaboracións do P. Maximino Arias na revista “Logos”
No mesmo número 23 de “Logos”, no que a revista fai referencia ao anuncio do abade de Samos, Mauro Gómez, de que os monxes da súa Abadía colaborarían coa revista “Logos”, nese mesmo número 23 aparecía xa a primeira colaboración do P. Maximino, que levaba por título “A Epifanía do Señor”, e que ocupaba as páxinas 166-168. A esta seguirían outras seis máis, cos títulos e nos números seguintes:
. A Candeloria, LOGOS, 26, febreiro 1933, 24-26.
. O tempo de Coresma, LOGOS, 27, marzal 1933, 33-35.
. O misterio da Pascua, LOGOS, 28-29, abril-maio 1933, 95-96.
. Pentecostés, LOGOS, 31, xullo 1933, 113-117.
. A realeza de Xesucristo, LOGOS, 34, outono 1933, 161-164.
. A liturxia da Eirexa, LOGOS, 37, xaneiro 1934, 1-3.

A partir desa data, aínda que a revista subsistiría ata abril do ano 1936, non hai máis colaboracións do P. Maximino. Paralelamente, como xa dixen, tamén o P. Victoriano González colaborou en sete ocasións coa revista “Logos”, con artigos máis longos, de entre 4 e 7 páxinas, todos sobre o canto gregoriano; o último artigo aparecería no que foi o último número editado da revista, o 49, en marzo-abril dese ano.

Como se pode deducir da extensión das colaboracións do P. Maximino Arias, normalmente 2 ou 3 páxinas, tratábase de breves presentacións do tempo litúrxico concreto ou da festa litúrxica particular á que facía referencia. Cunha linguaxe sempre moi sinxela, debuxa os trazos fundamentais de cada un deses momentos do ano litúrxico. Para facelo bota man basicamente das antífonas do Misal ou do Oficio Divino, dos comentarios dos Santos Padres que se lían nos oficios litúrxicos e dos relatos evanxélicos que sempre están detrás de calquera destes festividades, comentados de acordo coa esexese bíblica que naqueles tempos era normal. O ton non é un ton intelectual, senón un ton de piedade, de incorporación devota e cordial á propia vida da esencia do misterio celebrado. A linguaxe sinxela, próxima, nada académica. Incitacións, en todo caso, a meternos na graza, no don do misterio celebrado. Paréceme imprescindible ler un anaquiño dunha desas sete colaboracións do P. Maximino en “Logos”, para que vostedes mesmos poidan valorar canto lles estou dicindo. Está tomado da cuarta colaboración do P. Maximino no número 28-29, correspondente aos meses de abril-maio do ano 1933. Trata sobre o misterio pascual. Di así (nun galego que non estaba normativizado aínda):

“Por esta causa a Pascua é cal unha imaxen e figura de aquela vida benaventurada, fito ao cal se dirixe a nosa presente peregrinación. E toda liturxia pascal somella querer meternos n’ela xa dende agora, facéndonos repetir acotío o canto do alleluja, iso “gotiña de inefabel gozo no que rebosa a celestial Xerusalem”, asegún a fermosa eispresión d’un escritor da edade meia. Por iso a Festa da Pascua é d’unha gran ledicia pra todol-os cristiáns, ledicia que se manifesta no côr branco dos sagros ornamentos, no Cirio Pascual, representación de xesús resucitado, que está aceso nas funcións litúrxicas, no costume de rezar de pé, aititude propia de trunfadores, e no canto do Aleluja e do Himno Anxélico acompañados das armonias do orgao que estivera no silencio durante a Coaresma. Ista ledicia, non embargantes, non é sinon unha ledicia máis recollida, más fonda, chea de paz e de repouso tal como sse nos reflexa na inspirada melodía do Introito de Pascua; é a ledicia froito da paz interior, de isa paz covizosa sobor de todo don, co-a que o Mestre saudaba aos apostolos nas súas difrentes aparicións.
A ista ledicia común dos cristiáns pol-o trunfo de Xesús Resucitado semella que se asocia toda a creación, pois vemos que baixo dos raios do sol primadeirald toda a natureza rexurde de novo e ofrécenos seus arbres e as suas campías cubertade de verdes follas e de recendentes frores, cumpríndose aquelo do verso da liturxia Pascal: In resurrectione tua, Christe, coeli et terra laetentur.”

En xeral, este era o ton das colaboracións do P. Maximino, coas que estivo contribuíndo durante dous anos ao cumprimento dos obxectivos da revista eclesial “Logos”.

Algúns proxectos pendentes
“Logos” desaparece, como dixemos, no número 49, correspondente aos meses de marzo-abril do ano 1936. Coido que foi unha pena, desde diferentes puntos de vista, nos que agora non me vou parar.
Pero en relendo “Logos” chamáronme a atención algunhas informacións que fan referencia a Samos, e das que brevisimamente quero deixar constancia.
A primeira coméntaa Xosé Filgueira Valverde na introducción que fai a esta reedición da revista “Logos”. Di na páxina IX:
“Cando LOGOS deixóu de se imprentar, tiñamos dispostos, en galego, Iglesias e máis eu, a “Santa Misa”, o “Oficio de Difuntos”, o “Evanxeo según San Mateu”, a “Vida se san Bieito”, os “Diálogos de San Gregorio”.
Di que tiñan xa dispostos eses materiais en galego. Que eu saiba, nunca foron editados. Unha pena tamén. Posteriormente, xa no ano 1982, o monxe deste mosteiro, P. Martín Díaz publicou na editorial SEPT (tamén dirixida por laicos para a promoción en galego de diferentes materiais de formación e para a celebración litúrxica) de Vigo a Regra de San Bieito.

Outra información aparece no número 47, correspondente aos meses de outono-Nadal do ano 1935. En páxina e media, cun ton moi afervoado, a redacción de LOGOS faise eco dunha homenaxe ao P. Feixoo, que desde Samos se proxecto facer. Así di o primeiro párrafo:
“Dende o seu mosteiro de Samos, chantado no cerne mesmo da terra galega como moimento vivo ao abrente románico, ateigado de lembranzas hestóricas e de exempros de santidade, o Abade Mitrado Dom Mauro Gómez Pereira anuncia a orgaización dun homaxe Nacional ao autor do “Teatro Crítico”. Con verbas nobres e repousadas o fino esprito do monxe que anova no noso tempo o vello prestixio cultural do monacado benedictino en Galicia, chama a todos a conmemorar de xeito perdurante na soedade de Samos a figura do P. Feixóo, anovador, constuctor, guieiro na cultura do XVIII.”
Logo comentaranos que a homenaxe consistirá en “Formar en Samos unha Biblioteca de Estudos Feixoniáns, restaurar a celda de Feixóo, axuntar o que se poida do seu enxoal i-erguer un moimento sinxelo á súa memoria”. Se teñen vagar, recoméndolles a lectura de toda esta páxina informativa, na que LOGOS manifesta o seu entrañable afecto polo P. Feijoo, por Samos e pola vida monástica que en Samos se levaba a cabo.
Dadas as circunstancias históricas que todos coñecemos, a homenaxe ao P. Feijoo non se levaría a cabo ata o ano 1947, ano no que se inaugura a estatua do P. Feijoo. Desta efeméride dá oportuna información o P. Maximino Arias na páxina 488 da súa “Historia del monasterio de San Julián de Samos”.

E por último, unha dúbida que transmito a quen ben poida responderme. Na páxina final deste mesmo número de LOGOS, cando se dá información das revistas recibidas como intercambio, faise referencia a “Monasticon. Revista de Información Benedictina”. Abadía de Samos.- Lugo. Pregunto: editouse en Samos esta revista?

E, xa para acabar, comentar que o Abade Mitrado, Mauro Gómez Pereira, a pesar de que LOGOS deixara de se editar, mantivo amizade e contactos coas persoas máis significativas de LOGOS, como foi o caso do extraordinario poeta galego Ramón Cabanillas. Conservo foto de Ramón Cabanillas co Abade Mauro Gómez Pereira, do ano 1949. Sabemos da estancia en Samos de Ramón Cabanillas, e todos admiramos o seu preciso libro de poemas titulado precisamente “Samos”, e que é un precioso compendio da vida monástica de Samos e dalgúns dos lugares e das circunstancias que a fan especialmente significativa. Coido que ningún morador ou visitante do mosteiro debería verse privado de gozar coa calidade poética e espiritual deste libriño. Permítanme concluír coa lectura dun dos seus poemas, en concreto o titulado ....
(Na foto da dereita, do álbum do Mosteiro, aparecen Ramón Cabanillas Enríquez e o abade de Samos, P. Mauro Gómez Pereira diante do monumento ao P. Feijoo, obra de Francisco Asorey).

E máis nada. Que cada unha das palabras por min ditas nesta hora se converta nunha pequena salmodia de agradecemento a quen acompañou durante bastantes anos, durante anos moi significativos para min, a miña conformación coma persoa, coma crente cristián, que é a cousa que máis aprecio na miña vida. Grazas pola súa atención.

Manolo Regal Ledo