Mostrando entradas con la etiqueta CURIOSIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURIOSIDADES. Mostrar todas las entradas

3.8.13

LICOR PAX DE LOS PP. BENEDICTINOS DE SAMOS

LICOR PAX DOS PP. BIEITOS DE SAMOS 

Pode sorprender, pero non aos exalumnos do Mosteiro. Nós, os exalumnos tamén lembramos con fidelidade plena a memoria do licor PAX. Probabámolo só nalgunas festividades moi sinaladas no calendario e participamos no proceso de fabricación con algún pequeno traballo na nave de Viladetrés. Moitos de nós, case todos, levámolo para as nosas casas como un agasallo xenuíno de Samos para as familias. Seguro que bastantes de nós conservamos nas casas algunha botella baleira ou con contido aínda (o que isto escribe hai moito tempo que só conserva o envase baleiro como recordo). Soubemos de dous colexiais que colaboraban na licoreiría sita no claustro grande co P. Benito González o día do fatídico incendio de 1951. Coñecemos a existencia dunha fórmula secreta gardada celosamente e dalgúns custodios da fórmula: o P. Benito, o P. Albino e xa recentemente o irmán Julián. Aquí nesta entrada traemos unha reseña publicitaria do ABC de 1945 onde fala do P. Leandro Ledo como o gardador da fórmula primitiva.



Entre as curiosidades que rodean a este lembrado licor de "fama universal" encontramos uns versos ou ripios de difícil catalogación atribuídos ao marqués de Ugena:
Es la bebida mejor
el licor.
¿No ha gustado usted jamás
el Licor Pax?
Que ha de ser benedictino...
lo adivino.
Luego, yo en prudencia opino,
que es de sabios parecer,
que sólo se ha de beber
el Licor Pax "superfino".
- ¿Se ha elaborado en factoría?
- En Abadía
- ¿Extranjera es su aureola?
- ¡Española!
- Pero...¿aquí la fabricamos?
- ¡Claro: En Samos!
Pues al cielo bendigamos,
que puso en nuestro camino
el licor Pax "superfino"
de la Abadía de Samos.




6.5.11

CORZOS E ESTALACTITAS NO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Onte visitei por quinta vez o Museo de Historia Natural Luis Iglesias, na Facultade de Química de Santiago. Cada vez que vou reparo en cousas diferentes. Entre as que me chamaron a atención nesta ocasión están dúas relacionadas intimamente con Samos.
A primeira refírese ao corzo que aparece en primeiro termo na imaxe que segue, engaiolado na súa vitrina, donado polo abade mitrado do Mosteiro de Samos, P. Mauro Gómez Pereira.



Estas estalactitas da cova de Santalla, que agora xacen tras os vidros dun armario na sala de Mineraloxía do citado Museo, evidencian o enorme expolio que sufriu a coñecida gruta samonense. Hai cousas que no seu ámbito natural xa constitúen o mellor museo, coma o caso da cova de Santalla: un ben natural digno da mellor das proteccións.