22.3.19

MONXES EN OUTEIRO (SAMOS)

Lembramos con nostalxia certa os anos vividos en Samos. Lembramos as aulas, os claustros, os compañeiros, os monxes. Rememoramos os momentos de asueto, que tamén os había, os xoves pola tarde e as tardes de domingo. Neses momentos, era frecuente saír de camiñata, por un lado os colexiais (así nos chamaban), por outro os novicios, e os monxes por outra banda, segundo llo permitiran a saúde e as distintas responsabilidades.
Nesta imaxe, un quinteto de monxes pasean polos arredores da vila, a carón da muralla que rodeou a primitiva clausura do cenobio. Desde Outeiro gozan do locus amoenus samonense e ollan a vila coa casa do bar Centro á dereita, ao lado do río a anterior casa do Concello e o resto daquela pequeniña vila estirándose entre a estrada e o río e máis arriba o barrio da Torre. No horizonte asoma o Carballal co seu perfil elevado, sempre atento e ollando o val con panorámicas de privilexio. A paisaxe rezuma exuberancia e imprime o seu selo e carácter nos afortunados moradores do lugar.

3 comentarios:

Lito dijo...

No sé de qué fecha es la foto. Pero se me antoja un pasado lleno de vitalidad y de iluisión de una Comunidad que ahora languidece y se extingue después de mucchos siglos viviendo y sabiendo revivir contra todos los elementos que la han acechado desde su nacimiento. Ni la DESAMORTZACIONO de MEDIZABAL fue tan cruel con el destino de Samos como ahora se me antoja puede suceder.
Los cambios profundos operados en el desarrollo de nuestra mente, provinientes de las nuevas tecnologias y de los hallazgos científicos, la prevalencia de ciertos valores materiales sobre los espirituales, el egocentrismo y la derivación hacia el consumismo infinito, sumado todo esto al desprestigio de las Instituciones religiosas (la pederastia, la corrupcion dentro del sistema) está dando lugar a un alejamiento de la vida monástica que precisa un cambio sustancial si no quiere desaparecer para siempre.
Pero nuestra MEMORIA DE SAMOS, no siendo ajena a estos avatares, ha de pervivir a todas estas circunstancias, porque la MEMORIA se aposenta en valores eternos y sirve para recordar lo que FUE, al mismo tiempo que refuerza lo que somos y lo que llegaremos a ser.
Un abrazo

Anónimo dijo...

Non podo imaxinar a data da foto nin quen son os monxes que a ocupan. Si, que mágoa que o mosteiro estea tan apagadiño, achegándose ao seu acabamento como lugar de vida monástica. Houbo causas exteriores, pero déronse tamén maneiras de situarse ante esas causas por parte da mesma comunidade, que a foron paulatinamente levando ata onde agora está chegando. Vivín en parte o proceso desa crise, e non me sinto libre de responsabilidade respecto a algo polo menos do que foi acontecendo. Teño reflectido e escrito "ad usum privatum" sobre o asunto. Só me resta agardar que o Espírito fago un milagre, deses cos que el de cando en vez rompe os procesos regulares da historia. Deus o queira!

manuel regal ledo dijo...

Son Manolo RegalLedo,o autor do anterior texto,.