22.2.19

AS COVAS DO COUREL - COVA DE SANTALLA





A parroquia de Lóuzara pertence administrativamente ao concello de Samos, pero as súas características xeolóxicas, orográficas e a súa flora, rica e diversa, adscríbena ao Courel.
Para os que fomos alumnos no mosteiro de Samos, Lóuzara significa aquel lugar distante que nos sorprendeu coa marabilla da Cova Grande de Santalla. Alí fomos camiñando nun longo percorrido que supoñía acceder ás alturas de Airapadrón e descender ás ribeiras do Lóuzara e despois realizar a viaxe á inversa. A comida campestre era portada por unha furgoneta do mosteiro. Soía realizarse nun campo a carón da cova e xa na sobremesa emprendíase o retorno para chegar ao mosteiro completando un periplo próximo á trintena de quilómetros.
No vídeo que hoxe acompañamos, a partir do minuto 4:10 podemos voltar á Cova Grande de Santalla.

1 comentario:

Lito dijo...

Guardo escasos recuerdos de la excursión a Lóuzara, quizás porque la ocasión que se programó para ir hasta alli , y que casi siempre era en los lunes y martes de Pascua, yo permanecía en Samos, por ser el más joven y acompañar al P. Domingo en el recorrido de la bendición de las casas de Samos, algo de lo que disfrutaba no ya por adentrarme en aquellos hogares tan "arcanos" para nosotros, sino por degustar los muchos dulces y licores que ofrecían al oficiante y al monaguillo. Me ponía las botas.
Tal vez por esa coincidencia, no guardo recuerdo alguno da Cova Grande de Santalla
En todo caso, agradezco mucho la inclusión de e este video en el blog, porque me permite soñar con una posible excursión a esos parajes, y recordar lugares y gentes (ahora casi ninguna) tan apreciadas por nosotros
Un abrazo