24.3.09

O DORMITORIO

Non me parece mala idea ir confeccionando un álbum daqueles lugares que conformaron o noso espazo vital máis íntimo en Samos. O dormitorio era un deses lugares. Creo lembrar a inscrición con que figuraba na porta que dá á sala de xogos: CUBICULUM. Era unha maneira de ir aprendendo latín.
Dezanove camas a cada lado do muro-armario e a cela do rector ao fondo cunha lámpada de luz verde, cal faro na noite procelosa dos soños presidindo o dormitorio. O armario dos hábitos, o corredor dos baños, os nacementos que poñiamos polo Nadal, a música do tocadiscos nos festivos... Lembranzas...

No hay comentarios: