29.3.09

A CELA DO P. FEIJOO

O vindeiro 6 de xuño, dentro do programa de actos da VI Xuntanza, temos previsto visitar a cela que habitara o P. Feijoo nas súas estadías en Samos. Hoxe está convertida en pequeno museo dedicado ao ilustre monxe, un dos fillos máis notables do mosteiro. Aquí gárdanse os fondos bibliográficos coas súas obras, un cadro coa súa efixie e outras pertenzas.
Na nosa etapa escolar en Samos, era o oratorio do alumnado. Na antesala tiñamos un obradoiro de manualidades, un harmonio para os ensaios da Schola Cantorum e tamén era utilizada como sala de proxección de cine e filminas.
El próximo 6 de junio, dentro del programa de actos de la VI Junta, hemos previsto visitar la celda que habitó el P. Feijoo en sus visitas a Samos. Hoy está convertida en un pequeño museo dedicado al ilustre monje, uno de los hijos más notables del monasterio. Aquí se guardan los fondos bibliográficos con sus obras, un cuadro con su efigie y otras pertenencias.
En nuestra etapa escolar en Samos era oratorio del alumnado. En la antesala teníamos un taller de manualidades, un armonio para los ensayos de la Schola Cantorum y también era utilizada como sala de proyección de cine y filminas.
Esta última imaxe está extraída do libro SAMOS. Espírito do Camiño, do fotógrafo Luís Alonso Ocaña.

No hay comentarios: