24.3.24

RICARDO LITO MARTÍNEZ BARROS in memoriam

 

Manuel Busto, P. José Luís Vélez (prior de Samos), Ricardo Martínez Barros e Celso Penedo

No serán de hoxe unha mensaxe no móbil, enviada polo seu querido curmán Pepe, anunciábanos o repentino pasamento do prezado amigo Ricardo Lito Martínez Barros. O abraio, a tristeza e o descaougo viñéronse a instalar de súpeto cabo de min, paralelamente aos múltiples recordos a carón do insubstituíble compañeiro.

A Ricardo coñecino, sendo adultos ambos, a finais do século pasado. Tiñamos en común o noso pasado como alumnos no Mosteiro de Samos, pero de épocas diferentes. A min cóubome a felicidade de convocar repetidas veces as Xuntanzas das distintas promocións de compañeiros que alí nos xuntamos, trienalmente ao principio, anualmente na actualidade. Na primeira convocatoria falei telefonicamente con Ricardo e inmediatamente se ofreceu a colaborar. Naquel mesmo intre quedamos emprazados en Santiago de Compostela para uns días máis tarde, cita á que tamén acudiu Manolo Regal Ledo. Foi na cafetería Kristal da Praza Roxa onde nos coñecemos. Desde aquel día, a nosa amizade non parou de medrar. Doce Xuntanzas en Samos, catro Xornadas de Traballo Voluntario no mosteiro, decenas de comidas de confraternización en localidades de Pontevedra, Ourense e Lugo e frecuentes contactos telefónicos serviron para alimentar aquela sólida  amizade. Cambados será o omega deste periplo vital que compartimos. Alí nos despedimos a última vez, no pasado mes de novembro cando fomos ver a exposición de Ramón Cabanillas sobre o libro “Samos”.

Tiñámonos mutuo aprezo e unha completa sintonía na nosa relación. A impronta de Samos, a amizade común con varios monxes e varios excompañeiros, a súa refinada educación, a súa ampla cultura e o seu trato afable facilitaron esta fermosa relación, que hoxe tristemente expira para instalarse na permanencia das lembranzas.

Caro amigo Lito, deixas en nós grata memoria e fondo baleiro. Botarésmoste en falta sempre e moito máis cada vez que nos xuntemos os exalumnos de Samos.

Na XI Xuntanza, na casa de Martín, en Praducelo, Lóuzara.

Éntoma, no Barco de Valdeorras; Baíña, en Baiona, a Praza Elíptica de Vigo e Samos co seu mosteiro choran nesta noite estrelada da incipiente primavera o teu prematuro óbito. Choran e amosan a súa dor por quen tanto amor derramou sobre as xeografías definidoras e simbólicas dunha vida colmada de afectos e de experiencias.

En maio de 2022, no blog deixabamos estes dous comentarios recíprocos:

Nas Xornadas de Traballo do ano 2015

1.  “En cierta ocasión un periodista de renombre escribió un artículo titulado “LOS ALMENDROS HAN FLORECIDO...” Y el director del periódico le dijo ¿A quién coño le interesa que los almendros hayan florecido?

-Pues a todos los lectores del periódico, le contestó el articulista, porque el año en el que los almendros no florezcan es el anuncio del fin del mundo y de nuestra civilización.

Querido Manolo, muchas gracias por seguir apostando por algo tan sencillo como el organizar una Xuntanza.

¿A quién coño le interesa la organización de una Xuntanza de exsamonenses?

Pues a todos...los que creemos que la vida consiste en un volver a nacer, a ilusionarnos, a recordar....

El día que esto ya no se pueda hacer, posiblemente el mundo seguirá existiendo, pero algo de nosotros ya no estará, y para nosotros habrá dejado de existir el mundo, la civilización ¿O no?”

2.  “Gracias a ti, Ricardo, porque tu aliento y la común devoción que sentimos por Samos, contribuyen decisivamente a que nuestras Xuntanzas prosigan su cita trienal. Al avanzar los trienios vemos como nuestro colectivo mengua por motivos diversos, entre ellos el natural devenir de los años y las enfermedades que nos merman y causan bajas siempre tristes. Y otras por motivos varios: el cansancio, la rutina, el desafecto... Vete tú a saber qué más! Nos vemos en Samos el día 10 de junio, si no surgen imprevistos, para compartir otra jornada entrañable entre compañeros”.

                                                                                                        Manuel Busto Galego

Na terraza do bar España, no descanso do mediodía nas Xornadas de Traballo do ano 2017


 


No hay comentarios: