1.4.20

O MOSTEIRO DE SAMOS NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX

O MOSTEIRO DE SAMOS NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX

As orixes da vila de Samos están necesariamente vencelladas ao histórico Mosteiro. Os monxes, desde o século VI, foron os primeiros colonizadores deste recanto paradisíaco. É unha dedución consecuente coa ascese que procuraban aqueles primeiros ermitáns que aquí se asentaron. Mais, a poboación estaba nos arredores, en aldeas próximas aos castros que dominaron esta área: o castro de Pascais (no horizonte da imaxe, á esquerda), o castro de Loureiro, o castro de Margarida, o castro de Formigueiros e o castro de Castroncán...

A vila e o concello de Samos viviron longos anos baixo a tutela do Mosteiro. Na actualidade, Samos ten no seu Mosteiro a mellor referencia, o seu expoñente máis recoñecible alén do Oribio, un poderoso foco de atracción turística, un permanente bastión cultural, un monumento emblemático e icónico, un punto obrigado de excepción no itinerario xacobeo, un contedor de historia e de historias, un centro espiritual para minguar materialismos, consumismos, hedonismos... E tamén a mellor postal do val.

Samos sen o seu Mosteiro... sería outra cousa.

A foto, do arquivo do Mosteiro, ofrece unha valiosa panorámica dos inicios do século XX, quizais dos anos 20 ou 30.

No hay comentarios: