4.1.19

TROBEIRO MEDIEVAL NACIDO EN PRADUCELO - LÓUZARA - SAMOS



Samos e O Incio serán escenario este sábado dun encontro cultural sobre Martín de Pedrozelos, un trobador do século XIII que algúns especialistas consideran nativo do primeiro destes municipios e estreitamente relacionado co segundo. «É unha figura moi importante da lírica medieval galegoportuguesa, pero é moi descoñecido nestas terras», explica o escritor e profesor universitario samonense Luís Celeiro, un dos promotores desta xornada. «O que pretendemos con esta iniciativa e popularizalo e axudar a que se convirta nun elemento máis do patrimonio cultural destes municipios», añade.
Celeiro apunta que, en opinión de diversos investigadores, Martín de Pedrozelos puido ser oriundo da aldea chamada hoxe Praducelo, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, en Samos. «En Praducelo consérvase hoxe unha antiga casa chamada precisamente Casa de Martín, que ten algunha parte que podería ser de orixe medieval», sinala. Por outro lado, o trobador mencionou varias veces nas súas cantigas un lugar chamado San Salvador e outro chamado Valongo. O primeiro topónimo -engade Celeiro- podería corresponder á parroquia de San Salvador do Mao -no Incio- e o segundo, a un monte e un río dese nome que se encontran no camiño entre ambos municipios.
Os actos comenzarán ás 10.45 horas en Samos cunha sesión de charlas nas que participarán o escritor Xulio Pardo de Neyra, autor do libro Martín de Pedrozelos, o primeiro trobador da lírica galegoportuguesa?, e a filóloga Dulce Fernández Graña, que ten realizado estudos académicos sobre o trobador. O programa comprenderá ademais visitas ás igrexas de Santa María e San Salvador do Mao -no Incio-, á aldea de Praducelos e a Santalla de Lóuzara, localidade natal do poeta Fiz Vergara Vilariño. Na xornada participarán representantes dos concellos de Samos e O Incio e de diversas institucións.
(A Voz de Galicia, 27 - 9 - 2018)

El Progreso recollía así a noticia.

El Progreso 2

O poeta do Courel visitou Praducelo na convicción de que este era o solar natal do trobeiro Martim  Pradozelos, da lírica medieval galego-portuguesa. Deste xeito narrou a visita:

"hai un galego de voz xorda, profunda, e tamén o hai de voz cristalina, limpa. “Martín
de Pradocelos, preto de onde eu nacín”, descubrín que era de eilí, é o trobador máis
documentado para ser dun sitio, é o trobador máis documentado despois dos trobadores
das cortes reais. É documentado até o milagre de que o nome da súa casa permaneceu
por séculos. En Lóuzara. Na casa só quedaban dúas mulleres. Praducelo é a última
aldea de Lóuzara indo para o Courel. Eu lancei a idea de que Martín de Pradocelos era
da Casa de Martín, chámase aínda hoxe a casa de Martín. E non se sabe de ningún antepasado
nesa casa chamado Martín. Cita a romaría de san Salvador que está cerca, cita
Valongo, que está cerca. Dáse o nome do poeta, o nome da romaría, e dáse o nome de
Valongo. A señora da casa de Martín, en Praducelo, fora eu eilí non sei se o vrau pasado
ou o anterior (1952), pois nun momento, a señora, esto é emotivísimo, falando coa
súa filla, faláballe de Martín de Pradocelos, e dicíalle: “O noso Martín”, é impresionante
por riba de oito séculos. Testemuña de esa afectividade galega. Case parece o que
se contaba nun conto de Castelao dunha vella que pasaba o mar tódolos días e ía rezando
no barco polos afogados, e un día repararon que rezaba tamén “por un rapaciño que
morreu en Tronco”, e preguntáronlle: “–¿Quen foi o rapaciño que morreu en Tronco,
siña Sinforosa?”, e respondeu así: “Non o sei, meu amantiño; ise afogado non é do meu
tempo, pois xa rezaba por el a difunta da miña avoa, que non ceo estea”. Chamoulle “O
noso Martín”. A casa de Martín é unha casa antiga, soa, entre prados, ao lado dunha
fonte". 
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Nº 371, páx. 72 



Cantigas de Martín de Pradozelos
Os topónimos subliñados en azul na imaxe son referentes das súas cantigas próximos a Praducelo.
P.S.
Na nosa estadía no mosteiro de Samos como estudantes creo que ninguén chegou a visitar Praducelo, si a parroquia de Lóuzara, ese lugar paradisíaco, onde comeza o Courel.
Coñecer o trobeiro Martín de Praduzelos e poder atribuír a súa orixe ás terras de Samos supón un valor cultural engadido a un territorio denso en historia, patrimonio e paisaxes excepcionais. O mesmo territorio que foi escenario das nosas camiñatas desde o mosteiro. 

2 comentarios:

Lito dijo...

Son de gran interés estas noticias, querido Manolo.
Estuve "ausente" durante todos estos dias, que me llevaron a lugares lejanos y sorprendentes. Y a mi regreso, leo con fruición y me recreo en estas noticias que ilustran y enriquecen nuestra cultural.
Muchas gracias por tus esfuerzos para que este blog sirva como nexo de union y comunión entre todos nosotros. Lástima que no seamos mas participativos, aunque solo sea para hacer lo que ahora estoy haciendo. DARTE LAS GRACIAS Y FELICITAR LA INICIATIVA
Un abrazo

Unknown dijo...

Mi abuela nació en esa casa deciase k era la casa mas rica de Louzara ahora ya ha habido muchos cambios k prefiero no comentar