






Este ano felicitamos o Nadal coa calorosa salutación que Manolo Regal me envía para participar con ela no blog. Velaquí:
Cun desexo ben fondo de paz e de ben, afincado no amor grande de Deus que sempre está de visita, feliz Nadal, feliz ano novo. Unha aperta ben agarimosa. Mándovos este soneto de Ramón Cabanillas como emisario da paz que vos desexo. Desde a páxina "Memoria de Samos", para que sirva de felicitación á comunidade de Samos, e aos amigos e compañeiros todos. Grazas.
PAZ
É a man da paz a santa man que enxoita
bágoas do dor e sangue da ferida,
reconforto da alma esmorecida
polos estragos da mundana loita.
É a man da paz a santa man recoita
que acolle a ovella no breñal perdida
e pondo os lobos irtos en fuxida
verte a mel do consolo encol da coita.
Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira
da que fixo ó silenzo xardineiro
coa soedade por guión e freira.
E a chantou, con acerto milagreiro,
na terra máis doada e criadeira:
o recatado craustro do mosteiro.
É a man da paz a santa man que enxoita
bágoas do dor e sangue da ferida,
reconforto da alma esmorecida
polos estragos da mundana loita.
É a man da paz a santa man recoita
que acolle a ovella no breñal perdida
e pondo os lobos irtos en fuxida
verte a mel do consolo encol da coita.
Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira
da que fixo ó silenzo xardineiro
coa soedade por guión e freira.
E a chantou, con acerto milagreiro,
na terra máis doada e criadeira:
o recatado craustro do mosteiro.
RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ, Samos, 1958
Para acompañar este soneto escollín a fermosa imaxe dun dos caquis do claustro co seu froito case maduro. Varios peregrinos creron que era unha orixinal árbore de Nadal cunhas moi orixinais boliñas de adorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario