12.6.09

ÁLBUM DE RICARDO DIÉGUEZ

Con esta entrada acompaño o ÁLBUM que me envía Ricardo Diéguez González desde Ponferrada. Contén moitas imaxes pero posúe ademais o interese de contar con dous vídeos gravados na igrexa. O primeiro recolle o noso coro de voces improvisadas entoando "Andarei na presenza do Señor". No segundo recréase na peza de órgano con que nos agasallou o compañeiro Gerardo Vega del Riego no remate da misa.
Este álbum de Ricardo recolle tamén fotos da visita a Lóuzara e as súas igrexas de San Cristovo e San Xoán así como do Priorato. Que mágoa de chuvia nun día tan especial e nunha paraxe tan fermosa!
Arriba, na foto aparecen os compañeiros máis madrugadores ollando a pequena exposición de materiais da etapa escolar en Samos. Paulatinamente fóronse incorporando os demais.
Gracias, Ricardo. Un abrazo muy fuerte.

No hay comentarios: