LICOR PAX DE LOS PP. BENEDICTINOS DE SAMOS
LICOR PAX DOS PP. BIEITOS DE SAMOS
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjEEv-hMnrdlh8ySvrrXaHeTTwflk4LZzCk8-JulG6qNDnDGQCCAkmEJA1HfcOTK4iKd9y0C_U1ao1wTxkJ0hEQVxsAyE30Yo7sIhpECd3wUR7okLOKrUS28Gfw_wn3UndJ587a61icE2em/s400/P1010019.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyP4iQ8RgJ-bmWwveWBl5bTfBGI3_ziLA5KHGS3ECdndRyZPiL3s3T_D4ndDksskfJLXA85Q_GDssmQ8eQ-9izvQ6uXW20ESKgH0spJzRlRsVWWfG8wZgByHYooWnQWlxbLCC9dgZmrRI9/s640/P1010017.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhDO5LrJav_szKDzsFiKbZwwqtn1OzhQCSpJYApF45lFKCqpEa5PrK8T5ib8d9CxyxRly3jOUw1k9JtAff420tzDyr9HQmeVRLmOB5MrfI2dBQSRzwo2atT17j7Fsc4XWU3rdUgc6XZDzP7/s320/25685126_6827244.jpg)
Pode sorprender, pero non aos exalumnos do Mosteiro. Nós, os exalumnos tamén lembramos con fidelidade plena a memoria do licor PAX. Probabámolo só nalgunas festividades moi sinaladas no calendario e participamos no proceso de fabricación con algún pequeno traballo na nave de Viladetrés. Moitos de nós, case todos, levámolo para as nosas casas como un agasallo xenuíno de Samos para as familias. Seguro que bastantes de nós conservamos nas casas algunha botella baleira ou con contido aínda (o que isto escribe hai moito tempo que só conserva o envase baleiro como recordo). Soubemos de dous colexiais que colaboraban na licoreiría sita no claustro grande co P. Benito González o día do fatídico incendio de 1951. Coñecemos a existencia dunha fórmula secreta gardada celosamente e dalgúns custodios da fórmula: o P. Benito, o P. Albino e xa recentemente o irmán Julián. Aquí nesta entrada traemos unha reseña publicitaria do ABC de 1945 onde fala do P. Leandro Ledo como o gardador da fórmula primitiva.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjoW3843eewoeQFg4kvwiXQJ3ZOZhdxxArhiQINnvaWDbSr-DSvO1if6w_Q4Ism7wO_UyhKbc8GkigOjLQe671IFD-Ckiku5TqhU3s5IHLp3FTPCrbylBBgAd8cj74BDjFgBOmsDDcFMjxr/s320/18192589.jpg)
Entre as curiosidades que rodean a este lembrado licor de "fama universal" encontramos uns versos ou ripios de difícil catalogación atribuídos ao marqués de Ugena:
Es la bebida mejor
el licor.
¿No ha gustado usted jamás
el Licor Pax?
Que ha de ser benedictino...
lo adivino.
Luego, yo en prudencia opino,
que es de sabios parecer,
que sólo se ha de beber
el Licor Pax "superfino".
- ¿Se ha elaborado en factoría?
- En Abadía
- ¿Extranjera es su aureola?
- ¡Española!
- Pero...¿aquí la fabricamos?
- ¡Claro: En Samos!
Pues al cielo bendigamos,
que puso en nuestro camino
el licor Pax "superfino"
de la Abadía de Samos.
2 comentarios:
Recuerdo aquellas celebraciones, San Benito, el santo del padre Abad, en los que se nos daba una copa de ese licor de 42º que nos hacía venir arriba de forma impresionante.
El monasterio de Samos es precioso y yo tengo una botella llena en su caja. Una reliquia
Publicar un comentario