23.3.11

RELEVANCIA DO CASTRO DE FORMIGUEIROS

Xunta e USC inventarían en 3D os restos rupestres de LugoUn equipo mixto, formado por persoal do servizo de Arqueoloxía da Xunta e do campus de Lugo da USC, está a documentar os restos rupestres que se conservan na provincia mediante o emprego dunha nova técnica que permite ver os achados en tres dimensións. Os primeiros resultados desta aplicación, que se usa por primeira vez en España, presentáronos onte en Lugo a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, o xefe de servizo de Arqueoloxía, Gonzalo Meijide, e o profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal do Campus, Juan Ortiz. O sistema, baseado nun escáner fotogramétrico, probouse no castro de Formigueiros, en Samos, e na estación de petróglifos de Pena de Chaos, en Antas de Ulla, que data da Idade de Bronce. A fotogrametría permitiu obter imaxes de gran calidade, que admiten un tratamento convencional e tridimensional, e coas que os especialistas poden avaliar con precisión o estado de conservación dos bens.
Así o explicou o responsable do servizo de Arqueoloxía da Xunta en Lugo, Gonzalo Meijide, que destacou os resultados «espectaculares» da nova técnica, que «permiten documentar exactamente os monumentos, malia estar danados pola súa longa exposición ós fenómenos naturais».
Tamén o profesor Juan Ortiz valorou a «efectividade» do sistema, que supón ademais «un custo moito menor ao dás técnicas tradicionais de láser-escáner». O custo dos traballos realizados ata o momento rolda os 4.000 euros.
No futuro, Xunta e USC prevén utilizar o sistema noutros bens culturais da comunidade galega. Entre os primeiros proxectos está o Castro de Viladonga.
Sheila López / El Progreso (Lugo)
Outras noticias relacionadas co castro de Formigueiros, que veñen a confirmar, por se alguén o descoñecese, a preeminencia e importancia deste poboado fortificado prerromano.
Importantes achados

No hay comentarios: