

A celebración relixiosa estivo presidida polo abade do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, Juan Javier Martín Hernández, quen foi invitado para a ocasión pola comunidade benedictina de Samos, co seu prior, José Luís Vélez, á fronte.
Unha vez finalizada a misa —cantada e con música de órgano—, os monxes e demais asistentes participaron con devoción na procesión, acompañada da música do grupo de gaitas Alecrín de Monforte de Lemos.
Membros da corporación samonense e veciños deste municipio portaron aos ombreiros as imaxes de San Xiao e Santa Basilisa, que percorreron o claustro interior cumprindo un ano máis coa tradición.El Progreso, 11-01-10
No hay comentarios:
Publicar un comentario