Naceu en Lóuzara, fermoso e fondo val do Concello de Samos, en 1953. Afectado por unha grave doenza, estudiou o Bacharelato en Lugo para de seguida voltar á súa aldea natal, onde residiu na casa paterna, adicado unicamente á literatura. Mais a pesar da súa invalidez non estivo recluído, e foron frecuentes as súas saídas na amorosa compañía de seus pais ou de súa irmá Irene, que con frecuencia lle serviu de rapsoda para os seus poemas, moitas veces premiados e de cotío presentes en recitais.O seu primeiro libro, prologado por Xesús Alonso Montero, foi Pra vós (1971). Logo saíron Encontro cos tiburós (1973), Orfo de ti en terra adentro (1976), Poeta muiñeiro á deriva (1983), Nos eidos da bremanza (1990, Premio Galicia da Crítica) e Pastora de sorrisos (1993).Na poesía de Fiz Vergara hai que distinguir dúas etapas, articuladas ó redor do libro "Orfo de ti en terra adentro". Na primeira, Vergara é un poeta inmaduro, cheo eso si de forza, pero bastante inexperto na técnica literaria, de xeito que moitos dos seus poemas quedan falidos. Pero xa "Poeta muiñeiro á deriva" mostra claramente o que se podía esperar del, o cal queda perfectamente confirmado nese grande, fermoso, terrible libro que é "Nos eidos da bremanza". A poesía de Fiz Vergara é áspera e docísima, xentil e sobrecolledora, e nela brillan as palabras máis gastadas coma se acabasen de ser inventadas para a ocasión.
Fiz Vergara Vilariño morreu en Lóuzara o 18 de xullo de 1997.
PERCORRENDO LÓUZARA
PERCORRENDO LÓUZARA
I
Eu nacín nun pobo cego
das montañas louzariñas,
son irmau de dúas mociñas
e fillo de pai labrego.
II
Lóuzara é terra escura,
boca de lobo famento;
os dentes son os penedos
e a néboa da mañá o alento.
III
Catro muros de montañas
fan de curro os bidueiros,
que de pelexar co vento
verten follas nos regueiros.
verten follas nos regueiros.
IV
Lóuzara é val sin meimos
é terriña de labranza
e os homes mantén a esperanza,
rubindo esterco prós leiros.
V
Río Lóuzara, onde vas?
onde che morre o marmulo?
No Lor, no Sil ou no Miño
ou cecais na fin do mundo?
VI
Miña Lóuzara esquecida
de escravitude esfolada,
miña bisbarra, meu pobo,
eu lévovos nas entrañas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario